18 de mai. de 2011

Censura previa

O pasado día 13 tiven a presentación na Casa da Cultura de Vilalba do libro En castellano no hay problema. As compañeiras e os compañeiros do Instituto de Estudos Chairegos, que exerceron de anfitrións, denunciaron que o concelleiro de Cultura da localidade, onde goberna o PP por maioría absoluta, lles soltou: "Non sabedes canto me custou asinar a autorización deste acto", como quen perdoa a vida. A frase retrata a concepción da democracia e da liberdade de expresión que ten o individuo.

Hoxe encontreime cunha situación semellante por parte doutra institución. Estaba a organizar a presentación en Madrid para o día 7 de xuño na Casa de Galiza, que depende da Xunta. Xa me custou uns minutiños de agarda que me respondesen en galego, producíndose esta situación esperpéntica:

- Podería atenderme en galego?
- ¿Que si le entiendo en gallego? Claro que sí, no se preocupe.
- Non, non. Que lle agradecería que me atendese, que me respondese en galego.
- Es que yo no sé.
- Pois, por favor, páseme con alguén que saiba. É o meu dereito legal.

Non encontrou a ninguén e volveuse a pór ao teléfono a mesma persoa, xa sabendo falar en galego, aparentando dificultade, porén expresándose na lingua propia e tamén oficial dos poderes públicos galegos. Quero subliñar que é un traballador (non sei se funcionario) de atención á cidadanía nunha entidade que depende directisimamente da Xunta de Galiza.

Mais o abraio non veu aquí, senón cando me comunicou que o meu libro non poderá ser presentado por dous motivos:

a) Non teñen datas en todo o mes de xuño nin de xullo. Ponme como exemplo que vai haber un acto de presentación dunha novela dun deputado do PSOE e eu non consigo comprender se o evento se vai prolongar todos os días dos próximos meses, facendo inviábel calquera outra actividade.

b) O máis rechamante: que o director aínda non leu o libro (do cal exixen que a editora lles envíe un exemplar previo; se non, non autorizan). Até que o lea, non dará a súa conformidade.

E non poño adxectivos nin comentarios. Remítome ao título desta entrada. A vós que vos parece?

15 comentários:

  1. que o que hai que aguantar... e nom rendirse home, moito ánimo...
    susiño

    ResponderExcluir
  2. Síntoo que non teñan data para a presentación do teu libro; eu diríache que sigas insistindo e denunciando, eles non terán data, pero ao final o o libro será máis coñecido que se a tivesen. Con estes "tíos" só se conseguen as cousas loitando coas mesmas armas ca eles.

    ResponderExcluir
  3. Parece o que é: fascismo.

    ResponderExcluir
  4. Bueno Carlos, ti mandabas cartas a profesores universitarios (que eu lin con estes olliños) cando che deu por actuar coma Goebbels. Non sei por qué te alborizas tanto home, xa sabes cómo funcionan estas cousas...

    ResponderExcluir
  5. A obriga dos concelleiro responsabeis de administrar recintos públicos é coordinar o seu uso e evitar que eses espazos podan sirvan o podan servir para cometar delictos (penais) e faltas (administrativas). Non é obriga dos concelleiros dirimir se unha iniciativa cultural, deportiva ou social está lexitimada ou non a facer uso do recinto, respetando, lóxicamente, as normas técnicas (mesmo de seguridade) aplicabeis ao espazo.
    Compre lembrar que moitos concellos non teñen ordenanzas municipais que regulamenten esa e outras prestacións, ás veces por ineficiencia ou desidia, mais noutras ocasións esa falla é premeditada porque permite tomar decisións de xeito discrecional (decisións políticas, non administrativas ou de xestión).
    Coido, pois, que as dificultades que tivo o concelleiro vilalbés foron físicas, que tivera unha ferida na man que lle impedira asinar o papeliño, por exemplo...

    ResponderExcluir
  6. Susiño: non te preocupes, nada de se render ;)

    Dilaida: farei xusto como dis. É un centro público e non poden aplicar a censura previa.

    Anónimo das 17:13: aínda que non sexa fascismo -que eu penso que non o é- non hai dúbida de que hai concepcións e prácticas moi pouco democráticas, moi pouco partidarias da diversidade de opinións.

    Anónimo das 21: estas insinuacións anónimas son bastante lamentábeis. Se tiveres algo que denunciar a nivel ético, por favor di en que consistía esa suposta carta; se tiveres unha copia, fai favor de escaneala. Se tiveres que denunciar algo a nivel legal, xa sabes onde están os xulgados. Mais non difames con insinuacións.

    Galicia en Nova York: Grazas! Moita forza tamén para vós!

    Félix Soria: xDDDDDDD

    ResponderExcluir
  7. Amosarei a túa misiva onde e cando a ti che pareza mellor, mais tan pronto fagas públicas as contas de Mesa (e se cadra tamén as túas). Non é pra miña información senón pra algúns dos teus seguidores ideolóxicos que non ven nin verán un can da morea que chega a ese circuito pechado que tendes tan ben argallado.

    Ética toda a que ti queiras, rapaz.

    ResponderExcluir
  8. Cantos trolls teño por aquí ultimamente!

    As contas da Mesa son de cristal. Vaia infundio repetir que hai algo estraño nelas e que ese algo estraño existirá salvo que se publique a nosa contabilidade en internet, en lugar de ter os mecanismos públicos e internos de fiscalización que ten calquera outra entidade, só que no noso caso máis agudizados: as contas da Mesa discútense anualmente en asemblea e son olladas con lupa por parte dalgúns organismos que non se caracterizan polo noso afecto. Simplemente, con esa pregunta demagóxica séguese iso de "difama, que algo queda".

    Sobre o infundio da misiva, continúo a consideralo lamentábel; tan lamentábel que por iso publicas isto anonimamente, que é como se din e fan todas as canalladas.

    ResponderExcluir
  9. Que se defenda e se exixa o galego na vida pública, NA GALIZA, nom deixa de ser o mínimo que se lhe pode pedir ao senhor Calhóm, ou a qualquer outro membro da Mesa. E niso o senhor Calhóm vem actuando consequentemente. Bem feito.

    Porém, suspeito que a Mesa está a monopolizar dinheiros públicos que outros organismos activistas galegos poderiam, e deveriam, estar recebendo.

    E, segundo, por que tem que ter a mesma persoa no máximo cargo DESPOIS DE NOVE ANOS?! Que tipo de organismo saudavelmente democrático perpetua os seus cargos desa maneira?


    A FIFA?


    Gascon

    ResponderExcluir
  10. Moitas grazas, Gascón, polas opinións, aínda que en varios casos estean totalmente erradas. Nesta mesma páxina ou na da Mesa (www.amesanl.org) tes moita información ao respecto.

    Unha aperta!

    ResponderExcluir
  11. Pero vas dimitir ou nom? Nom chega com 9 anos?! Nom podes continuar a trabalhar na mesa, sem teres de te amostrar coma o capo / patriarca?

    A serio, nom entendo como se pode pretender representar um organismo desa maneira. Repara na AGAL (da que nom som membro, embora reconheza o valor da sua proposta): vam rotando os presidentes.

    Nom ha gente capaz na Mesa pra fazer o (mui bo) lavor que tu ves fazendo?! Que imaxe exemplar podedes dar com ese imobilismo que tendes nas xerarquias?

    Saude

    Gascon

    ResponderExcluir
  12. Hahahahahaha. Calquera diría que tes unha campaña para que deixe a presidencia da Mesa!

    Polo demais, grazas polo recoñecemento, aínda que hai palabras que soan insultantes e que non veñen ao caso.

    Por certo, podes afiliarte á Mesa e así participar no debate sobre a organización da asociación desde dentro. O convite está feito: http://www.amesanl.org/socios/alta_datos.html

    ResponderExcluir
  13. "As contas da Mesa son de cristal. Vaia infundio repetir que hai algo estraño nelas e que ese algo estraño existirá salvo que se publique a nosa contabilidade en internet." "... son olladas con lupa por parte dalgúns organismos que non se caracterizan polo noso afecto."

    Excusatio non petita, accusatio manifesta.

    Ya te crujirán los tuyos, ya.

    ResponderExcluir
  14. Carlos, nom tenho intençóm de me afiliare a um organismo que permete que a mesma persoa continue no máximo cargo por mais de duas legislaturas. Que organismo / governo permite iso?

    Explica, Carlos? Quantos anos mais pensas continuar?

    Nom ha gente capaz na “Mesa“, ou é simples afá de protagonismo e control?

    Fai o favor ...

    Gascon

    ResponderExcluir