Señora directora:
Tiven coñecemento a través das redes sociais dunha carta, asinada por vostede no pasado 6 de xuño, na cal xustifica que se lle desconten puntos a unha alumna de primaria por usar "Galiza" no caderno e nun exame da materia de Ciencias Sociais.
Dun punto de vista lingüístico, considerar erróneo "Galiza" non se sustenta. A propia Real Academia Galega, que é a que ten nestes momentos a potestade para estabelecer a norma oficial do noso idioma, considéraa unha "forma lexitimamente galega". Así mesmo, moitas e moitos lingüistas constatamos a través dos nosos estudos que, se non for por razóns de presión política, ninguén dubidaría que a única forma válida e xenuína para designar o noso país en galego é esa. Mais, como vostede moi ben coñece, se non for tamén por razóns de presión política, o noso idioma tería unha situación máis saudábel que a que ten, por exemplo no ensino.
O problema neste caso non é de Gramática Histórica, senón de pedagoxía e, sobre todo, de liberdade de expresión, máis grave cando se pretende sancionar unha menor nun centro de ensino, un espazo que debería acoller a pluralidade e a diversidade, e fomentar que cada persoa conforme en liberdade o seu pensamento. Aquí réstanse puntos por usar unha forma correcta, vixente e acertada; é unha utilización que, ademais, amosa un bo coñecemento do xenio do idioma por parte da alumna, que vai máis alá da abafante presión castelanizadora.
Cando, na súa carta, vostede leva a argumentación ao terreo xurídico-político é cando comprobamos a causa verdadeira desta discriminación: é unha imposición ideolóxica mal camuflada de hipercorrección lingüística (primeiro) e de falta nin máis nin menos que legal (despois), cunha equiparación grotesca entre un caderno de primaria e o DOG.
Como docente, non podo máis que preguntarme que acontecería se ese modo de proceder de restar puntos con informes xurídico-políticos se estendese a todos os ámbitos do ensino. Pensemos só no campo da Xeografía. Debemos restar puntos cada vez que alguén poña "Estados Unidos" e non a única forma oficial na súa tradución, "Estados Unidos de América"; "Brasil" e non "República Federativa do Brasil"; "Venezuela" e non "República Bolivariana de Venezuela", e así por diante? Que facemos, señora directora, co "Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte"? Até onde poderiamos chegar con ese seu proceder?
A situación aínda se complica nalgúns casos paralelos. Galiza non está recoñecida na lexislación actual máis que como "Comunidade Autónoma" ou "nacionalidade". Que facemos coa obra de Rosalía de Castro, en que a considera "patria"? E cando Alfredo Brañas a chama "nación sometida"? Ben sei que esas non eran formas legais tampouco neses seus tempos, mais estamos a abordar figuras que usaron os termos dese xeito e cuxa obra tamén entra nos currículos. Corrixímolos, censurámolos ou censuramos só o alumnado que utilice esas formas?
Acontece tamén que, como todo o humano muda, achamos disposicións legais (si, legais!) que no século XIX prohiben o galego denominándoo lingua ou fala "del país". Como actuamos nese caso, se Galiza non está recoñecida xudiricamente como "país"? Simplemente obviamos que o galego estivo perseguido ou mudamos a redacción por "lengua de la futura comunidad autónoma"? Que facemos, tamén, cando no himno oficial se lle chama "nazón"? E que faremos, con certeza, se unha alumna ou un alumno falar do "queixo do país"? Deberiamos ir pedindo informes xurídicos para todos estes casos? Daremos abasto?
Seguindo tamén a lóxica da súa sanción, cómpre preguntármonos que debemos facer cada vez que apareza o termo "Galiza" ao longo da Historia. Daniel Castelao, que foi membro numerario da Academia Galega, mesmo escribiu un libro fundamental titulado Sempre en Galiza. Debemos modificar a obra de Castelao ou debemos restarlle puntos aos estudantes cada vez que nolo citen? E que facemos, señora directora, co "Consello de Galiza"?
Estará a pensar que nestes últimos casos son "nacionalistas radicais", mais o problema non para de se ensarillar... Cumpriría chamarlle a atención a Sandra Ortega, presidenta da Fundación Paideia Galiza? E como obramos co profesorado que utilizamos exclusivamente a forma Galiza nas nosas aulas? E cos libros de texto que fan iso mesmo? E co único semanario impreso que existe no noso idioma? Que ficaría após toda esa abrasión? Onde terminaría a caza de bruxas?
En fin. A través deste correo electrónico, demándolle que rectifique a sanción, que pidan desculpas á meniña afectada e á súa familia e, xa que lle deu amparo a unha grave situación de imposición ideolóxica que atenta contra a convivencia, que reconsidere a súa continuidade no cargo.
Cumprimentos cordiais,
Carlos Callón
Profesor de Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia.
Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística.
[A imaxe foi baixada das redes sociais, no meu caso a partir do perfil de Séchu Sende no Facebook.]
12 de jun. de 2017
1 de jun. de 2017
Vémonos no 6 de xuño en Ourense!
Na sexta feira 9 de xuño conversamos en Ourense sobre a situación do idioma e de como nos corresponsabilizarmos do seu futuro. Estades convidadas e convidados!
16 de mai. de 2017
Na véspera das Letras, falamos sobre Galegocalantes e galegofalantes
Na pasada Feira do Libro de Santiago de Compostela realizamos a presentación do meu último título, Galegocalantes e galegofalantes. Foi un acto que vivín como moi especial, pola calorosa acollida do público que alí se congregou, e polas palabras do editor Manuel Bragado, do fotógrafo Xan G. Muras e da artista e profesora Tereixa Novo.
Desde a histórica Agrupación Cultural O Galo convidáronme a dar hoxe na Libraría Pedreira, tamén en Santiago de Compostela (xa sabedes, na rúa do Home Santo) unha conferencia sobre o idioma que teña como punto de partida os Galegocalantes e galegofalantes. Neste acto de hoxe ás 20.30 estarei acompañado por Mercedes Espiño (da A. C. O Galo e ex dirixente da Mesa pola Normalización Lingüística) e Marcos Maceira (actual presidente da Mesa e ex presidente da A. C. O Galo).
Vémonos alí e pomos ideas en común?
[A foto, de Xaime Bello, pertence á presentación da semana pasada en Ferrol.]
8 de mai. de 2017
Nesta semana, Galegocalantes e galegofalantes na Coruña e Ferrol
Na quinta feira (xoves) estaremos na Coruña e na sexta (venres) en Ferrol para falarmos da situación do noso idioma, por volta da presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes.
Ademais de estares convidadísima ou convidadísimo, podes tamén axudar a divulgar os actos a través dos respectivos eventos no Facebook:
Adiante co noso idioma!
5 de mai. de 2017
Mulleres, nais e outras posicións femininas do ser
Hoxe e mañá desenvólvense na Fundación Paideia Galiza na Coruña as xornadas "Mulleres, nais e outras posicións femininas do ser", organizadas polo Instituto do Campo Freudiano. No sábado ás 10 h participo nelas cun pequeno relatorio titulado "As damas primeiro".
Sexta feira (venres) 5 de maio
16.30 h - "A muller non existe", Carmen Garrido
17.00 Flashes - 1
"Psicanálise, feminismos e os seus des-encontros", Carolina Iglesias.
"Feminismo e feminilidade", Marta Maside.
"Os avatares da sexualidade feminina", Iria Rodríguez.
"Eu son...", Begoña Yáñez.
Coordina: Carmen Garrido.
18.30 Descanso.
19.00 Mesa 1
"Máis alá da verdade, aínda que sexa medio dita", Pilar Devesa.
"Entrecruzamentos: muller e nai", Eugenia Insua.
"A nai, síntoma da muller", Liana Velado.
"Por que nais...?", Leonardo Vilariño.
Coordina: Iria Rodríguez.
Sábado 6 de maio
10.00 Mesa 2
"Mulleres, nais e igualdade", Manuel Fernández Blanco.
"As damas primeiro", Carlos Callón.
Coordina: Liana Velado.
11.30 Conferencia:
"De mulleres namoradas e de nais", Mónica Marín.
Presenta: Eugenia Insua.
12.30 Descanso.
13.00 Conversa e debate.
Coordina: Manuel Fernández Blanco.
Sexta feira (venres) 5 de maio
16.30 h - "A muller non existe", Carmen Garrido
17.00 Flashes - 1
"Psicanálise, feminismos e os seus des-encontros", Carolina Iglesias.
"Feminismo e feminilidade", Marta Maside.
"Os avatares da sexualidade feminina", Iria Rodríguez.
"Eu son...", Begoña Yáñez.
Coordina: Carmen Garrido.
18.30 Descanso.
19.00 Mesa 1
"Máis alá da verdade, aínda que sexa medio dita", Pilar Devesa.
"Entrecruzamentos: muller e nai", Eugenia Insua.
"A nai, síntoma da muller", Liana Velado.
"Por que nais...?", Leonardo Vilariño.
Coordina: Iria Rodríguez.
Sábado 6 de maio
10.00 Mesa 2
"Mulleres, nais e igualdade", Manuel Fernández Blanco.
"As damas primeiro", Carlos Callón.
Coordina: Liana Velado.
11.30 Conferencia:
"De mulleres namoradas e de nais", Mónica Marín.
Presenta: Eugenia Insua.
12.30 Descanso.
13.00 Conversa e debate.
Coordina: Manuel Fernández Blanco.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
2 de mai. de 2017
Vémonos hoxe na Feira do Libro de Santiago
De mañá teño unha entrevista coa rapazada do IES de Brión, para conservarmos sobre a situación do noso idioma.
Xa de tarde, participo no encontro na Feira do Libro de Santiago por volta de Galegocalantes e galegofalantes.
Galegofalantes, activémonos!
Galegocalantes, unídevos!
21 de abr. de 2017
Galegocalantes, unídevos!
E, agora, xa, parte da revista de imprensa:
- Callón advirte que o galego perdeu espazos de uso dende o ano 2009 - La Voz de Galicia.
- Carlos Callón pídelles ás administracións públicas que 'esperten do letargo' e impulsen políticas activas a prol do galego - TVG
- Unha razón para a esperanza do galego - El Correo Gallego.
- Callón busca reabrir o "debate social sobre o idioma en Galegocalantes e galegofalantes - El Progreso.
- Carlos Callón advierte que el gallego "es la única lengua del Estado que pierde hablantes" - El Correo Gallego.
- Carlos Callón: "As mareas e o BNG teñen que estar á altura ante a encrucillada que vive o galego" - Praza.
- Callón busca reabrir "o debate social" sobre o idioma en Galegocalantes e galegofalantes - Diario de Pontevedra.
- O ex-presidente da Mesa busca reabrir "o debate social" sobre o idioma cun novo libro - Galicia Confidencial.
- "O mérito do galego é estar aínda vivo" - Sermos Galiza.
- Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón - Radio Galega.
- Callón quere reabrir o debate social sobre o uso da lingua galega - El Correo Gallego.
- Onte 1858: Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón - Brétemas, Manuel Bragado.
- Entrevista na Cadea SER de Santiago - A partir de 1h23'.
20 de abr. de 2017
Entrevista na Radio Galega sobre Galegocalantes e galegofalantes
Estoulle moi agradecido á xente do programa Galicia por Diante, pola súa boa acollida ao meu último libro, Galegocalantes e galegofalantes, sobre o que conversamos nesta mesma semana.
Pódese ouvir nesta ligazón.
Tamén se fixo eco o Diario Cultural, que se pode ouvir aquí.
Assinar:
Postagens (Atom)








