31 de dez. de 2013
29 de dez. de 2013
Tocádevos!
Do que falan nesta canción foi unha das cousas que máis me sorprenderon as primeiras veces que estiven en Barcelona e en Lisboa: se tocabas unha persoa, aínda que fose un pouquichiño case imperceptíbel e claramente sen quereres, por exemplo no metro, había que desculparse, como se se acabase de realizar unha intromisión imperdoábel. Por cortesía, era obrigado asegurar que non había pretensión de agredir o espazo individual de ninguén...
Despois, xa me fun afacendo, xa vin que era regra habitual nas cidades polas que fun viaxando e, tamén, co tempo, comprobei que algo disto tamén se ía estendendo por estes lares.
Son estas cousas da pragmática difíciles de estudar, mais moi interesantes e que nos din moito das sociedades e das épocas. De feito, sobre algo disto falei tamén no libro Amigos e sodomitas, en concreto sobre como se tocaban os homes premodernos e como e cando se deixaron de tocar por pasar a ser a intimidade intermasculina un significante de homosexualidade.
En fin, os tempos mudaron, así que escoitemos o consello deste grupo e toquémonos todas e todos un pouquiño máis, con respecto porén sen medo.

27 de dez. de 2013
26 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (17)
- Gadis despide unha traballadora que estaba de baixa por unha operación e nin lle dá ningunha indemnización tras 14 anos na empresa, a pesar de que mesmo a súa doenza é consecuencia da actividade laboral. Puagh!
- A Consellaría de Educación eliminou da plataforma da formación a distancia da FP os materiais que estaban en galego e substituínos por material en español. Ole el bilingüismo!
- Canto levan da Xunta os familiares de Feijóo e Romay?
- Galiza, a penúltima comunidade autónoma con menos ocupación hostaleira. Nin así vai haber ningunha mudanza nestas políticas? Tampouco nisto a Xunta ten ningunha responsabilidade?
- Programa de VíaV do 18 de abril pasado, sobre o que se ía xa sabendo en relación coa reforma da Lei do aborto.
- "Indígname", Manuel Bragado.
- O Goberno español reforza o emprego temporal e legaliza as horas complementarias.
24 de dez. de 2013
A mensaxe de Nadal do Rei de España
Dese xeito que propón o Carrabouxo, eu si que a vía...
E xa que falamos da mensaxe de Nadal do Xefe de Estado, que senso fai que todas as televisións, incluídas a TVG e a TVG2, emitan o mesmo? Non é unha metáfora perfecta da democracia limitada en que vivimos, na cal en teoría temos opción de elixir, sempre e cando elixamos o eternizado statu quo?
23 de dez. de 2013
22 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (16)
- Como as novas tecnoloxías están a mudar a puntuación. Por exemplo, pór un punto ao final dunha frase disque se pode considerar agresivo ou hostil.
- As humanas proporcións... das heroínas de Disney.
- O falso intérprete do funeral de Mandela díxoo todo, apunta Slavoj Žižek nunha ben interesante reflexión.
- O deputado Martin Candinas crea o primeiro grupo parlamentar romanche na Asemblea Federal de Suíza.
- E se a ciencia non é iso que ti cres? Boas preguntas en El País.
- Argola, o último poemario da Marta da Costa.
- A ex ministra do PSOE, María Antonia Trujillo, xáctase de pensar que o catalán non serve para nada importante. Outro día comentamos o que xa na súa propia etapa de ministra facía co galego.
Assinar:
Postagens (Atom)