29 de dez de 2013

Tocádevos!

Do que falan nesta canción foi unha das cousas que máis me sorprenderon as primeiras veces que estiven en Barcelona e en Lisboa: se tocabas unha persoa, aínda que fose un pouquichiño case imperceptíbel e claramente sen quereres, por exemplo no metro, había que desculparse, como se se acabase de realizar unha intromisión imperdoábel. Por cortesía, era obrigado asegurar que non había pretensión de agredir o espazo individual de ninguén...

Despois, xa me fun afacendo, xa vin que era regra habitual nas cidades polas que fun viaxando e, tamén, co tempo, comprobei que algo disto tamén se ía estendendo por estes lares.

Son estas cousas da pragmática difíciles de estudar, mais moi interesantes e que nos din moito das sociedades e das épocas. De feito, sobre algo disto falei tamén no libro Amigos e sodomitas, en concreto sobre como se tocaban os homes premodernos e como e cando se deixaron de tocar por pasar a ser a intimidade intermasculina un significante de homosexualidade.

En fin, os tempos mudaron, así que escoitemos o consello deste grupo e toquémonos todas e todos un pouquiño máis, con respecto porén sen medo.


Um comentário:

  1. Por sorte ou por desgracia estou vivindo durante unha tempada nunha gran cidade e a mín tamén me chama moito a atención isto de que á xente lle dea tanto reparo tocarse. Moi boa a canción pese a non comprender a totalidade da letra :)

    ResponderExcluir