Mostrando postagens com marcador Eladino Cabanelas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Eladino Cabanelas. Mostrar todas as postagens
20 de mar. de 2013
18 de jan. de 2013
Das Fervenzas Literarias a Ribadavia
Hoxe recomezo as presentacións do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, pois xa chegaron de vez os exemplares da segunda edición. Así, verémonos en Ribadavia co compañeirazo Eladino Cabanelas ás 20 h no pub Aljama. As persoas que compren un libro no acto ou que o traian da casa terán un pequeno agasallo.
Este regreso de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez chega moi oportunamente, pois o vindeiro 27 de xaneiro temos manifestación nacional en defensa da nosa lingua e todos os actos dos próximos días tamén se destinarán a conversarmos sobre a importancia desta mobilización. Ti, que amas o galego, de ningún xeito podes faltar o 27!
Por último, teño que agradecer que as lectoras e os lectores das referenciais Fervenzas Literarias decidisen colocar este libro como finalista nos premios á mellor obra de ensaio publicada en galego en 2012 e que puxesen tamén esta paxiniña en que escribo como finalista aos mellores blogues. Obrigadísimo polo recoñecemento, parabéns a todo o resto das e dos finalistas, así como o meu aplauso ás distinguidas e aos distinguidos cos premios! Viva a nosa cultura, viva!

17 de jan. de 2013
Ramón Nicolás fala de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
O coñecido crítico literario Ramón Nicolás publicou o pasado 14 de xaneiro unha reseña do meu último libro, que deixo aquí por se for do voso interese. Nos próximos días pendurarei tamén as reseñas ou comentarios críticos que realizaron Manuel Rodríguez Alonso, Vicente Araguas e César Lorenzo Gil.
Mañá toca o acto de presentación deste libriño en Ribadavia. Será no pub Aljama ás 20.30 h, co compañeiro Eladino Cabanelas, responsábel da Mesa na zona do Carballiño - Ribeiro.
Continuamos!
Mañá toca o acto de presentación deste libriño en Ribadavia. Será no pub Aljama ás 20.30 h, co compañeiro Eladino Cabanelas, responsábel da Mesa na zona do Carballiño - Ribeiro.
Continuamos!
11 de dez. de 2011
Presentación no Carballiño de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Esta sexta feira, 16 de decembro, Eladino Cabanelas, eu e todas as persoas que vos quixerdes e puiderdes achegar, conversaremos no Carballiño sobre o que podemos facer cada un/ha de nós no noso día a día para gañarmos unha situación mellor para o noso idioma.
A cita é ás 20.30 h na cervexaría Eira de Flores. Máis información neste evento do facebook.
Adiante!
5 de dez. de 2010
A acción e a inmersión
As reaccións ao desafortunado informe do IGEA continúan. Entre os varios artigos que vin estes días, lin dous, de Marcelino Fernández Mallo e Carme Adán, que son sobre todo voltar á idea de que hai debates públicos aos que non fai sentido darlles prioridade neste momento, pois o que cómpre facer agora é actuar e non lanzarse ao bizantinismo. Comprendo a súa postura e, aínda que non comparta a súa opinión de que non cumpra responder estas tentativas confusionistas, si concordo de vez na súa defensa da acción social, da concreción das propostas e, algo fundamental, da normalización do galego. Debo subliñar en particular a miña adhesión total ao que sinalar Fernández Mallo sobre os concellos.
Hai tamén outros textos que entran máis no debate do fondo do asunto, como "Hexemonía social do galego" de Xabier Pérez Igrexas e "Coa miña lingua quero feitos non utopías" de Eladino Cabanelas. Este último foi criticado por Henrique Monteagudo xa que defende sen ambaxes a inmersión lingüística, que seica o autor do texto do IGEA considera un exceso. Eu querería lembrar que a inmersión lingüística, a pesar de ser tantas veces demonizada e caricaturizada, non é nada máis e nada menos que un modelo educativo, o cal me sorprende que pase por alto un profesor universitario que tamén imparte sociolingüística. Por certo, para ser tan negativo, Galiza é a única comunidade do Estado con lingua propia recoñecida oficialmente onde non se aplica en ningún grao.
A inmersión lingüística é un método recomendado por diferentes organismos internacionais, defendido tamén en datas recentes pola Real Academia Galega e -isto é importante- estipulado como modelo para Galiza polo Consello de Europa, tras a ratificación por parte do Estado español da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Ten razón Eladino Cabanelas cando pide a inmersión lingüística avalada pola lexislación, porque o que reclama é que non haxa máis vulneracións do dereito dos estudantes a unha formación no idioma propio de Galiza e que non se produzan máis incumprimentos dos tratados internacionais que recoñecen os nosos dereitos lingüísticos. Se nos piden que consensuemos para que os nosos dereitos non se amparen, que non agarden por moitas e moitos de nós.
Preguntas no ar
As críticas que formulei e formulo ao relatorio do IGEA non son só de táctica ou estratexia, senón que entendo que parten dunha análise sociolingüística con graves carencias. Xa desde a semana pasada deixei aquí algunhas das cuestións que continúan sen ter resposta:

De verdade se lle chamamos bilingüismo á diglosia a situación social mudará? Cando se deixará de procurar novas “fórmulas axeitadas” e se comezarán a aplicar desde as institucións, sobre todo quen puido ou pode? Alguén podería indicarme cal é a entidade ou cales son as entidades que defenden que as galegas e os galegos só saibamos galego? Non houbo nin hai políticas institucionais decididas a recuperar falantes e incorporar o idioma a novos ámbitos porque hai xente que defende(mos) que o discurso bilingüista é unha falacia do comezo ao final? Se o castelán é un idioma “común” (sic) e case tan galego como o galego, por que deben desenvolverse políticas para a restauración do galego? Existen en Galiza grupos galego falantes fronte a grupos castelán falantes, como sinala este documento, que tamén indica que debe producirse un “previo recoñecemento mutuo” de ambos?Mais, para alén destas reflexións, manteño que o que máis urxe facer é facer. Desde todas partes. Pondo o noso gran de area diario para que os nosos dereitos lingüísticos teñan presente e para que o noso idioma teña futuro.
26 de nov. de 2010
De Ribadavia a Pontevedra
Mañá sábado ás 19.30 h realizaremos a presentación en Pontevedra de En castellano no hay problema, que as Mocidades da Mesa na localidade decidiron organizar no marco do Culturgal.

Xa que falo da xira de actos por volta deste libriño, aproveito para incluír algunhas imaxes do que foi a súa presentación en Ribadavia, con xente tan encantadora e traballadora como Eladino Cabanelas e tantos outros compañeiros e compañeiras que fan posíbel no día a día que poidamos continuar a aspirar a vivir en galego.

5 de nov. de 2010
Esta noite, en Ribadavia; a terza que vén, en Compostela
Hoxe ás 21 h estaremos no café-pub Aljama de Ribadavia (rúa do Progreso, 35-1º), confrontando ideas para defendermos a nosa lingua. A escusa para o acto será, como moitas outras veces desde o pasado mes de maio, a presentación do libro En castellano no hay problema.
Este volume tamén será motivo para a conversa a vindeira terza feira (martes), 9 de novembro, ás 20 h no local da compostelá asociación cultural O Galo: rúa San Miguel dos Agros, 2 (en fronte da entrada á igrexa de San Martiño Pinario).
Debo agradecer a compaña de Eladino Cabanelas para este serán en Ribadavia e de Uxía e Carlos Valcárcel para a semana vindeira en Santiago. Todas e todos estades tamén convidados! Porque seguimos adiante na defensa do noso idioma!

3 de nov. de 2010
Presentación esta semana en Ribadavia
Esta sexta feira (venres), o libriño En castellano no hay problema presentarase en Ribadavia, nun acto organizado polos compañeiros e as compañeiras da zona. Como vedes no cartaz, será ás 21 h no pub Aljama (rúa Progreso, 35-1º). Se vós der xeito, vémonos alí.
Vou adiantando tamén que, coa hospitalidade da Agrupación Cultural O Galo, o libro tamén se presentará a vindeira terza feira (martes) 9 de novembro en Compostela.
30 de jan. de 2010
Xunta Directiva da Mesa
Aí estamos, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Eladino Cabanelas (responsábel da Mesa no Carballiño), Elsa Quintas (responsábel da Mesa en Vigo e coordinadora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos), Carlos Outeiro (responsábel da zona de Ferrol e membro de Nais e Pais polo Ensino en Galego), Alexandre Vázquez (coordinador da Mocidade pola Normalización Lingüística), Fernando Iglesias (responsábel da Mesa en Cedeira), Luís Couto (responsábel do grupo do Deza), Susana Romero (vogal da Comisión Permanente, o órgano executivo da dirección), Iria Taibo (secretaria xeral da Mesa), quen isto escribe, Fran Rei (vicepresidente, coordinador de Zonas e coordinador da xestora de Queremos Galego) e Silvana Castro (responsábel da Mesa en Bergantiños). Foi unha mágoa que non puidésemos estar toda a xente! As e os que faltastes, xa sabedes: para a próxima, unha foto de grupo máis completa! ;)
Por outra banda, comento que hoxe ás 19.15 terei unha entrevista en Ràdio Cornellà, por se andades por Barcelona ou por se queredes ouvila a través desta ligazón.
Assinar:
Postagens (Atom)