No El Correo Gallego Carlos Luis Rodríguez vén de publicar un artigo dedicado a me criticar por encabezar a lista de NÓS - Candidatura Galega ao Congreso pola Coruña. É curioso que, aínda que se trata dun texto de crítica ad hominem, en ningún momento se atreva a dicir o meu nome. Anímoo a xuntar as letras que o compoñen, verá que non pasa nada: "Carlos Callón", así de faciliño.
Penso que é a primeira vez que Carlos Luis Rodríguez se refire a min desde que o 19 de outubro de 2009 gravou unha entrevista comigo para a TVG, tras unha manifestación masiva en defensa do galego e contra as políticas retrógadas do PP impulsada pola asociación que eu daquela presidía, A Mesa pola Normalización Lingüística. Esa entrevista, que se converteu en viral, tense pasado en facultades de Comunicación como exemplo do que un entrevistador con ética xornalística non debe facer.
Carlos Luis Rodríguez non mantiña un estilo agresivo con todos os convidados que entrevistaba na TVG, pois nese caso sería oportuno e mesmo interesante o acontecido aquel día na televisión pública galega. Chega con cotexar aquela "entrevista" coas conversas de sobremesa coa presidenta e case única socia da galegófoba Galicia Bilingüe, ou cos conselleiros que neses momentos levaban a cabo os principais retrocesos contra o noso idioma. Todos eses programas son fáciles de encontrar en internet e comparar para que cadaquén tire as súas conclusións.
Desde esa entrevista nunca máis pisei un plató da TVG até hai unha semana, malia que a asociación que presidín até 2014 chegou a reunir 100.000 persoas en Santiago de Compostela en defensa do galego ao ano seguinte e en sucesivas convocatorias.
E que despertou o interese de Carlos Luis Rodríguez pola miña persoa seis anos despois daquela entrevista? Pois que, como antes dixen, volvín á TVG como candidato de NÓS e o primeiro que fixen na emisión ao vivo foi beliscarme, para estar seguro de que estaba alí despois de tanto tempo.
Non podo negar que sempre me sorprendeu a teima de Carlos Luis Rodríguez contra a lingua galega, moito máis tendo en conta que grazas a este idioma tivo contratos nunha televisión que non existiría se non tivésemos idioma propio.
Outra das súas lerias, que repite esta semana tras varios anos no caixón dos argumentarios, é a de me presentar como alguén que disimula as súas ideas para enganar. Na súa cabeza non colle que eu, sendo nacionalista, sendo militante de base do BNG, consiga sentarme e unir esforzos con persoas de sensibilidades políticas diversas.
Non entendeu, ou non quixo entender, que eu puidese encabezar un movemento social de masas en defensa do idioma galego no cal tiveron presenza todas as forzas de esquerdas, galeguistas e nacionalistas de Galiza. Non entende tampouco agora, nin quere entender, que como candidato de NÓS estea a ser capaz de xuntar forzas e persoas, de novo de sensibilidades diversas, nun ilusionante proxecto común, que vai dar a gran sorpresa nestas eleccións, por moito que a Carlos Luis Rodríguez lle desguste que Galiza teña unha voz propia que fale alto e claro en defensa deste país, tamén en Madrid.
Mostrando postagens com marcador Carlos Luis Rodríguez. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Carlos Luis Rodríguez. Mostrar todas as postagens
13 de nov. de 2015
11 de nov. de 2015
Seis anos e un mes
Desde o debate-entrevista con Carlos Luis Rodríguez en outubro de 2009, nunca de novo me chamaron para pasar por un plató da TVG. Hei de lembrar que continuei a ser presidente da maior asociación cultural galega no resto de 2009, todo 2010, todo 2011, todo 2012, todo 2013 e o primeiro cuadrimestre de 2014. Nese tempo, fun o portavoz dun movemento cidadán que congregou as maiores manifestacións en defensa do noso idioma. Mais, para os directivos da TVG, nomeados polo PP, foi como quen ouve chover...
Como xa era moita exhibición de listas negras ás portas dunhas eleccións en que son cabeza de lista de NÓS - Candidatura Galega, e van ter a obriga legal de me teren en conta, decidiron permitir a miña presenza nun programa informativo de tarde (en prime time xa sería moito). E xa non entro en máis apreciacións, que cada persoa tire as súas propias conclusións.
Esta foi a entrevista, que tamén podedes divulgar a través desta ligazón en Facebook:
Estou tamén moi agradecido por esta montaxe, liña "Thug life", que se está a divulgar tanto por Facebook e Twitter como polo Whatssapp. Obrigado pola creatividade e a retranca! :) Recoméndovos que lle deades a esta ligazón e que, se vos fai rir, non deixedes de pasárllelo aos vosos contactos.
Non imos calar!
Toda a forza para NÓS Candidatura Galega!

19 de out. de 2011
A última entrevista na TVG a un portavoz da Mesa ou de Queremos Galego
Hoxe, 19 de outubro, hai os dous anos da entrevista que me realizou Carlos Luis Rodríguez na TVG, despois da histórica manifestación convocada baixo o sinxelo e profundo lema Queremos Galego!
Desde ese día até hoxe, mesmo con varias mobilizacións posteriores, nunca máis a televisión pública de Galiza volveu a acoller unha entrevista nin comigo nin con ningún dos dirixentes ou portavoces da Mesa pola Normalización Lingüística (recordemos: a maior asociación cultural de Galiza) nin da plataforma unitaria Queremos Galego (que agrupa máis de 700 entidades de diverso tipo).
Que cada quen tire as súas conclusións.

15 de out. de 2010
Activismo que non falte
A respecto do eco mediático desta visita, querería sinalar que tiven unha entrevista en directo de máis de dez minutos na radio pública autonómica. Algo que, desde que Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia da Xunta, non tivo na TVG nin na Radio Galega ningún portavoz da Mesa nin de Queremos Galego, a pesar de seren movementos cun respaldo social contrastado. A única excepción (e da maneira xa coñecida) foi hai un ano no programa Foro Alberto. Ou era Foro Aberto?
Por outra banda, desde A Mesa exixímoslle onte publicamente á Deputación de Pontevedra explicacións e responsabilidades sobre a circular que arriba se reproduce. Outro paso máis contra o galego que debemos divulgar entre a sociedade e obrigar a que dean marcha atrás.
Non esquezades que unha forma moi xeitosa de activismo para conseguirmos os nosos obxectivos é o Circo da Lingua, mañá en Soutomaior!
18 de nov. de 2009
Aínda sobre a entrevista de Carlos Luis Rodríguez
A Mesa pola Normalización Lingüística estrea canal en youtube e faino reproducindo, en dúas partes, o vídeo da polémica entrevista que me realizou Carlos Luis Rodríguez no programa mal chamado Foro Aberto.
O acontecido volve estar hoxe de actualidade tras a iniciativa que ao respecto levou Anxo Quintana ao Parlamento galego. Ademais, mantéñense dúas accións sociais vinculadas, nas cales esta entrevista é só un exemplo máis da nociva política informativa que agora executa a RTVG. Refírome, por unha banda, a un grupo en Facebook (que conta xa con 5.144 subscritos) e un blog desde onde se centra o ciberactivismo pola cuestión: Televisión, manipulación!.
Segundo Sofres, o Foro Aberto desa noite tivo unha audiencia de 88.000 persoas. A maiores, unha cantidade ben relevante de mulleres e homes visualizou o vídeo a través de Dailymotion (14.370 veces no momento en que escribo esta entrada), do portal web da TVG ou do corte que subiron n'A Nosa Terra Diario (non se contabilizan publicamente as reproducións destes dous últimos, aínda que desde A Nosa Terra me indicaban hai quince días, nunha conversa informal, que se trataba de "miles").
Foi moito o que se falou sobre o tema e hoxe, aquí, só quero pór unha compilación de ligazóns a noticias, artigos e entradas de blog sobre a cuestión das que son coñecedor. Se coñecedes algunha que me falte, por favor indicádemo nos comentarios.

- A manipulación da RTVG [Xabier Pérez Igrexas en GzNación 20/10/09]
- Foro Aberto e outras reflexións sobre o 18 [Tywin Lannister en Galizauberalles e Galizauberalles2 en 20/10/09]
- Carlos Luís Rodríguez contra Carlos Callón [Martín Pawley en Días Estranhos 21/10/09]
- Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG [Vieiros 21/10/09]
- "Entrevista" a Carlos Callón na TVG [A Mesa Ourense 21/10/09]
- Un exemplo máis da "obxectividade" da TVG [Xabier Pérez Igrexas en Contradiscurso 21/10/09]
- A entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón [Galicia Confidencial 21/10/09]
- Vergoñenta "entrevista" Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón [A. C. O Naranxo de Lalín 21/10/09]
- Vergoña e sectarismo na TVG [Millán Fernández en Jeu de Paume 21/10/09]
- Carlos Luís Rodríguez entrevista a Carlos Luís Rodríguez [Canal de xoanp en Youtube 21/10/09]
- Incrible TVG [Menos mal que nos queda Portugal 21/10/09]
- Carlos Callón "entrevistado" por Carlos Luís Rodríguez [Galiza Sosego 21/10/09]
- Terceiro grao a Carlos Callón [Galicia Profunda 21/10/09]
- Éxito na rede da entrevista de Callón na TVG [A Nosa Terra 22/10/09]
- "Televisión gallega, manipulación. No a una nueva Telemadrid" [Público 22/10/09]
- Manipulación da TVG: O reaccionario periodismo partidista quería ir á caza de Carlos Callón, mais saíulle o tiro pola culata [O mundo que vexo 22/10/09]
- A rede galega, crítica pola entrevista ao presidente da Mesa [Código Cero 22/10/09]
- Estarrecedora entrevista a Carlos Callón [Lucía Triñanes en O Castelo da Lúa, 22/10/09]
- Crean un grupo no Facebook "Polo cesamento de Carlos Luis Rodríguez" [GzNación 22/10/09]
- Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!" [GzNación 22/10/09]
- Televisión, manipulación! [Mundo Galiza 22/10/09]
- Entrevista? Non, grazas [Pontevella. Blog da biblioteca do IES Río Miño - Rábade 22/10/09]
- Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG [Aguilloando 22/10/09]
- Interrogatorio a Carlos Callón [Cousas de Imeneo 23/10/09]
- Lamentábel espectáculo de manipulación na TVG [AA. VV. A Cutareira de Torás - A Laracha 23/10/09]
- Carlos Luis Rodríguez entrevista a Carlos Callón [Congrasilla - Páxina non oficial do Clube de Tenis Cidade de Lugo 23/10/09]
- Da entrevista a Carlos Callón [Xesús Constela en Tiñádelo que ver 23/10/09]
- ¿Y el periodista dónde estaba? [Julín de Ares 23/10/09]
- Crean a iniciativa "Televisión, manipulación!" [A Nosa Terra 23/10/09]
- Yoko Ono, o galego e a televisión [Xosé Manuel Pereiro en Sihomesi.com, La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo 24/10/09]
- Agermanament de periodistes [Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña 24/10/09]
- 3.000 persoas piden en Facebook a destitución na TVG de Carlos Luis Rodríguez [Malmequer - Pandeireteir@s e Festeir@s da Banda Atlántica da Galiza 25/10/09]
- Carlos Luís Rodríguez e a nova TVG [Xan Guindán en A Revolta Rockeira 26/10/09]
- O grupo no Facebook pedindo o cesamento de Carlos Luis Rodríguez supera os 3.000 apoios [Mundo Galiza 26/10/09]
- Una entrevista vergonzosa: exemplum ex contrario [Davidov3 27/10/09]
- Contra la manipulación en la television gallega. No a una nueva Telemadrid [Blog da Agrupación Socialista de Navia de Suarna 27/10/09]
- "Entrevista" de Carlos Luis a Carlos Callón [A Zona Velha 27/10/09]
- Carlos Luis Rodríguez entrevista a Manuela Busto [Canal de xoanp en Youtube 01/11/09]
- Sen calar [Clara Castilla en Patio de Luces 04/11/09. Esta entrada inaugurou o seu blog, pois foi un artigo que se negaron a publicar nun dos medios cos que habitualmente colabora. Moitas grazas pola súa forza e o seu exemplo de verdadeira liberdade, ética xornalística e independencia de opinión.]
- Iniciativa: "Televisión Manipulación" [A. C. Garipano 05/11/09]
- Entréganse as primeiras 1.500 sinaturas contra a manipulación informativa na RTVG [Mundo Galiza 09/11/09]
- Rodríguez e Callón [Damián Villalaín n'A Nosa Terra 09/11/09]
- Carlos Luis Rodríguez e Carlos Callón ou a cobra e o passarinho [Concha Roussia en Vieiros 09/11/09]
- Televisión, manipulación [Xabier Pérez Igrexas en Contradiscurso e Galicia Hoxe 14/11/09]
- A TVG admite que buscou un 'debate hostil' con Callón [ANT 18/11/09]
- El director de CRTVG anuncia entrevistas "hostiles" en los medios públicos [El País - Edición Galiza 18/11/09]
- Quintana empraza ao director da CRTVG a demostrar o seu compromiso cos debates [Xornal 18/11/09]
- Entrevistas hostiles [Clara Castilla en Patio de Luces 18/11/09]
23 de out. de 2009
Porque A Mesa existe
Moitas grazas a todas e todos polos parabéns, polo apoio, polos afagos e polas observacións críticas. Fico moi obrigado polos centos de mensaxes por correo-e, facebook, tuenti, sms e non sei cantas vías máis, que dan forza para continuar coa mesma enerxía, aínda que os ataques e as difamacións aumenten.
Agardo e agardamos estar á altura do que as vosas mensaxes demandan. Podedes estar certas e certos de que desde A Mesa seguiremos a dar esta batalla cívica con toda a forza e como mellor poidamos facelo, a pesar das innegábeis limitacións.
En situacións como a actual constátase a importancia de contarmos con ferramentas colectivas de defensa do noso idioma como é A Mesa pola Normalización Lingüística. Por iso, non podo deixar de convidarvos ás persoas que aínda non sexades socias a que vos afiliedes e, a quen xa o sexades, que estendades este convite polo voso entorno. Tedes aquí o formulario na rede para o facerdes. Sodes -somos- máis necesarios e máis valiosos que nunca!

Outro pequeno éxito
Teño que falar aquí tamén doutro paso adiante conseguido pola campaña impulsada desde A Mesa. Esta asociación protestou porque a editora Salvat-Bruño deixara de editar en galego os álbumes de Astérix e Obélix. A mobilización cidadá conseguiu o seu resultado e hoxe chega ás tendas tamén no noso idioma. Porque o traballo e a constancia dan os seus froitos, igual que podedes ter a certeza de que os dará a mobilización das 100.000 primaveras do domingo pasado.

18 de out. de 2009
O reverdecer da lingua galega
Como quen preside a Xunta se caracteriza pola súa arrogancia e chulería, non debemos estrañarnos se esta semana responde á mobilización con novas medidas máis agresivas. Sexa como for, e aínda que lle pese, o 18 de outubro de 2009 continúa en liña crecente coa senda iniciada polo pasado 17 de maio. Estamos en tempos difíciles, mais tamén con moitas raiolas de esperanza. O pobo galego (que existe!) está a traballar polo reverdecer da súa lingua.
Mañá pola noite, tócame unha entrevista sobre a manifestación no programa Foro Aberto, que presenta Carlos Luis Rodríguez na TVG. Tentarei aproveitar a oportunidade, tras tanto silenciamento e manipulación por parte da televisión pública galega, para trasladar as mensaxes xenuínas desta marcha de amor ao noso idioma.
10 de mai. de 2009
E, agora, contra o Correlingua
Hoxe, Roberto Blanco Valdés arremete contra o Correlingua con demagoxia histriónica, emulando a Carlos Luis Rodríguez, que fixo tamén o propio hai uns días. Tanto lles molesta unha actividade lúdica e pedagóxica que serve para educar en actitudes favorábeis cara á lingua galega? Que ten de negativo un obxectivo coma ese, recollido en numeroso corpus legal, a comezar polo propio Estatuto de Autonomía?Blanco Valdés amósase especialmente indignado polo feito de que no acto final de Compostela interviñesen "una concejala compostelana del BNG", "Anxo Louzao en nombre de la CIG (el sindicato nacionalista)" e "Fran Rei, de la Mesa pola Normalización Lingüística". Ben, nese acto estiveron na realidade dúas concelleiras con responsabilidade de goberno no Concello de Compostela: Mercedes Rosón, do PSOE, e Socorro García Conde, do BNG. García Conde, que máis que "una concejala compostelana del BNG" é a tenente de alcalde, ademais nese día era a alcaldesa accidental por estar Xosé Sánchez Bugallo de viaxe. Ou é que a democracia non vale cando o BNG ten responsabilidades de goberno?
O secretario xeral da CIG e o vicepresidente da Mesa alí estiveron, con toda a lexitimidade, como representantes de entidades que coorganizan esta actividade desde hai anos, xunto coa AS-PG.
Falamos, por certo, do mesmiño Correlingua que se desenvolvía tamén cando Corina Porro era alcaldesa de Vigo e alí acudía ela aos actos finais de entrega de premios. Por que daquela non escribiron Roberto Blanco Valdés e Carlos Luis Rodríguez artigos falando do tema? Até que grao chegará a falta de ética dalgúns?
Assinar:
Postagens (Atom)