19 de out de 2011

A última entrevista na TVG a un portavoz da Mesa ou de Queremos Galego

Hoxe, 19 de outubro, hai os dous anos da entrevista que me realizou Carlos Luis Rodríguez na TVG, despois da histórica manifestación convocada baixo o sinxelo e profundo lema Queremos Galego!

Desde ese día até hoxe, mesmo con varias mobilizacións posteriores, nunca máis a televisión pública de Galiza volveu a acoller unha entrevista nin comigo nin con ningún dos dirixentes ou portavoces da Mesa pola Normalización Lingüística (recordemos: a maior asociación cultural de Galiza) nin da plataforma unitaria Queremos Galego (que agrupa máis de 700 entidades de diverso tipo).

Que cada quen tire as súas conclusións.



2 comentários:

  1. E aínda por riba tampouco é que fose unha gran entrevista, non podo aturar a ese señor como moderador.

    ResponderExcluir
  2. Moderador, ha, ha, ha. É totalmente partidista e sectario. Foi unha vergonza, só faltou Gloribífida de comadre...

    ResponderExcluir