Mostrando postagens com marcador Socorro García Conde. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Socorro García Conde. Mostrar todas as postagens
15 de mar. de 2011
Canta, meu galo, canta!
Saio agora mesmo para a presentación desta exposición sobre as cinco décadas de existencia da Asociación Cultural O Galo:
10 de mai. de 2009
E, agora, contra o Correlingua
Hoxe, Roberto Blanco Valdés arremete contra o Correlingua con demagoxia histriónica, emulando a Carlos Luis Rodríguez, que fixo tamén o propio hai uns días. Tanto lles molesta unha actividade lúdica e pedagóxica que serve para educar en actitudes favorábeis cara á lingua galega? Que ten de negativo un obxectivo coma ese, recollido en numeroso corpus legal, a comezar polo propio Estatuto de Autonomía?Blanco Valdés amósase especialmente indignado polo feito de que no acto final de Compostela interviñesen "una concejala compostelana del BNG", "Anxo Louzao en nombre de la CIG (el sindicato nacionalista)" e "Fran Rei, de la Mesa pola Normalización Lingüística". Ben, nese acto estiveron na realidade dúas concelleiras con responsabilidade de goberno no Concello de Compostela: Mercedes Rosón, do PSOE, e Socorro García Conde, do BNG. García Conde, que máis que "una concejala compostelana del BNG" é a tenente de alcalde, ademais nese día era a alcaldesa accidental por estar Xosé Sánchez Bugallo de viaxe. Ou é que a democracia non vale cando o BNG ten responsabilidades de goberno?
O secretario xeral da CIG e o vicepresidente da Mesa alí estiveron, con toda a lexitimidade, como representantes de entidades que coorganizan esta actividade desde hai anos, xunto coa AS-PG.
Falamos, por certo, do mesmiño Correlingua que se desenvolvía tamén cando Corina Porro era alcaldesa de Vigo e alí acudía ela aos actos finais de entrega de premios. Por que daquela non escribiron Roberto Blanco Valdés e Carlos Luis Rodríguez artigos falando do tema? Até que grao chegará a falta de ética dalgúns?
Assinar:
Postagens (Atom)