![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9Dotd32SGdcOpqDHModeLInXcOoLUkqVK9ucW6FW6isx54aJ0pJtCBzppmXpGPorQMHh6PMhWptDyHYkcRnxfGik5gXkgcDi8q9-GRrys43282n1Nm1yssVY8KjYMnRHxTN_wjdAkuVs/s400/IMG_1713.jpg)
Ademais do intercambio de opinións sobre este libro e, por conseguinte, sobre a historia da homofobia, o Día do Orgullo nesta vila mariñeira tamén contou cun cine-fórum e un concerto.
Xa o dixen máis veces, porén quero e debo repetilo. Moi poucas localidades no mundo das dimensións de Ribeira poden botar peito e afirmar que organizan unhas actividades como estas.
Debo subliñar tamén que, até onde sei, todo canto se fixo foi sen o apoio do Concello de Ribeira, que non cumpriu nin tan sequera na axuda solicitada en cuestións organizativas de carácter público. Para máis inri, o deixamento municipal foi a pesar de figurar no cartaz a súa prometida colaboración.
Para finalizarmos con sabor positivo na boca, anuncio que mañá (terza feira, martes) o programa Vía Láctea de Correo TV, presentado por Carlos Roma, falará do libro Amigos e sodomitas. Se aínda non o lestes e queredes ter algo máis de información sobre o seu contido, é unha boa oportunidade.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjVdtOlqfIT_0-0onSBzBzFApQrqVwvyfbu5ll5pK7vPUqETSZnTzMDIYW6t_g8BvHGR1RrQRjsUMPjW03bVRQ1v66c1ho6JNy6N_dkK9bzgEx2B3tXyTcGdDN6APyiB_HGkKZCAjU53uw/s400/IMG_1712.jpg)
Nenhum comentário:
Postar um comentário