15 de jul de 2011

Calade!

Hai hoxe 126 anos. O 15 de xullo de 1885 morría Rosalía de Castro, a autora de, entre outros, estes tremendos versos:

Calade!

Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias
e nos penedos ásperos do noso inmenso mar,
fadas de estraño nome, de encantos non sabidos,
que só con nós comparten seu plácido folgar.

Hai entre a sombra amante das nosas carballeiras,
e das cortiñas frescas no vívido esplendor,
e no rumor das fontes, espritos cariñosos
que só ós que aquí naceron lles dan falas de amor.

E hai nas montañas nosas e nestes nosos ceos,
en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,
cores de brillo suave, de trasparencia húmida,
de vaguidade incerta, que a nós só da pracer.

Vós, pois, os que naceches na orela doutros mares,
que vos quentás á chama de vivos lumiares,
e só vivir vos cómpre baixo un ardente sol,
calá, se n'entendes encantos destes lares,
cal, n'entendendo os vosos, tamén calamos nós.

Nenhum comentário:

Postar um comentário