14 de jul. de 2011

O comentario de Pedro J. Ramírez, en De Luns a Venres

A sección de confidenciais do diario De Luns a Venres (o único que nos queda en galego e, por certo, para que digan que o noso idioma é contraproducente, tamén o único gratuíto diario de gran difusión que sobrevive en Galiza) comentaba hoxe a valoración positiva de Pedro J. Ramírez sobre as conclusións do libro Amigos e sodomitas.

Moitas grazas polo eco, máxime nunha sección tan lida!

Podedes consultar o exemplar en pdf nesta ligazón.

Obrigado tamén ás compañeiras e aos compañeiros da Asociación de Escritores en Lingua Galega por noticiaren o interese que amosaron varios portais glbt de diferentes latitudes -sobre todo de América Latina- polas conclusións deste libro.

O que ten de especial, de interesante ou, mesmo, nalgúns puntos, de novidoso o libro Amigos e sodomitas procede do noso tesouro documental medieval, aínda tan descoñecido e infravalorado pola nosa propia sociedade. Salvo que haxa algún roubo ou furto, claro é.

Oxalá non sexan necesarias máis destrucións e espolios (moitos continúan, aínda que sen titulares a catro columnas) para sabermos as dimensións das nosas diversas riquezas históricas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário