3 de jul de 2011

Combinamos mañá ás 20 h no Toural!

Lembra que esta segunda feira (luns) ás 20 h se vai realizar unha concentración en defensa do galego nos medios de comunicación. O acto fecharao Miguel Anxo Fernán Vello coa lectura dun manifesto.

Non faltes! Movámonos en defensa do noso idioma!

Por outra banda, deixo aquí o vídeo da presentación do ilusionante proxecto Sermos Galiza. Tampouco faltemos á hora de lle dar apoio e alento!

2 comentários:

  1. O vídeo é precioso. Pódese sentir o latexar das persoas que están presentes, a súa preocupación, a súa esperanza, o seu desexo de construírmos un país mellor. É precioso.

    Parabéns pola iniciativa, oxalá que o proxecto vaia indo para adiante e... moitos, moitos ánimos!!

    (O meu apoio ídelo ter totalmente.)

    ResponderExcluir
  2. EU VOU A COLABORAR: IR A TOMAR POLO CUUUUUUUUUUUUUU

    ResponderExcluir