13 de jul. de 2011

Compras a túa redención

"Compras a túa redención como consumidor."

"O propio acto egoico do consumo xa contén o prezo do seu oposto."

"Os peores donos de escravos son aqueles que son bos cos seus escravos."

"A caridade degrada e desmoraliza."
Estas frases pertencen á seguinte intervención de Slavoj Žižek, lindamente ilustrada. As dúas últimas son citas que realiza dun libro de Oscar Wilde que nas últimas semanas volve a estar nas mesas de novidades das librarías grazas a unha tradución para o español.

Non penduro aquí este vídeo porque concorde con todo o que di, senón porque, coma sempre, Žižek fai pensar. E non é pouco.

Nenhum comentário:

Postar um comentário