Eses son algúns dos temas que saen na conversa desta semana co xornalista Carlos Roma en Correo TV por volta de Atravesar o fantasma:
Moitas grazas polo interese, a acollida e o espazo!
Mostrando postagens com marcador Carlos Roma. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Carlos Roma. Mostrar todas as postagens
26 de mar. de 2015
20 de mar. de 2015
Unha entrevista na tele sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
O serán da vindeira terza feira, 24 de marzo, a televisión local de Compostela Correo TV emitirá unha entrevista sobre o poemario Atravesar o fantasma. Hai dous anos e pouco, nese mesmo espazo, tivera esta conversa co xornalista Carlos Roma sobre o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, que daquela estaba a dar os seus primeirísimos pasos:
3 de jan. de 2013
En Cedeira e en CorreoTV
O grupo da Mesa en Cedeira convidoume a participar hoxe ás sete nun acto sobre a situación do idioma noso, no cal me centrarei en comentar os consellos contidos no manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e en animar á participación na manifestación nacional do vindeiro 27 de xaneiro.
Ademais, hoxe CorreoTV reemitirá ás 19.30 e ás 22 h a entrevista que me realizou Carlos Roma sobre o meu máis recente libro, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, que é irmán siamés do que hoxe presentaremos en Cedeira. Sei que hai problemas nalgunhas cidades e vilas para conseguir exemplares deste traballo, o cal sinto moito (ao mesmo tempo que me fai sentir alegre e agradecido, con certeza). A segunda edición está xa para chegar!
Continuamos!
19 de jul. de 2011
13 de jul. de 2011
Entrevista en Radiofusión sobre Amigos e sodomitas
Na seguinte ligazón da emisora Radiofusión está dispoñíbel o audio dunha ampla entrevista que me fixeran un ou dous días despois de se dar a coñecer que Amigos e sodomitas obtivera o Premio Vicente Risco de Ensaio.
O outro libro de que falo ao final da conversa -Como defenderes os teus dereitos lingüísticos- chegará, finalmente, na semana próxima ás librarías que distribúen novidades no noso idioma. Penso que será unha obra útil.
Ademais, por se aínda non tivestes oportunidade de vela e vos interesa, a entrevista no programa Vía Láctea de CorreoTV, sobre Amigos e sodomitas, reemitirase hoxe ás 14.30 h.
O outro libro de que falo ao final da conversa -Como defenderes os teus dereitos lingüísticos- chegará, finalmente, na semana próxima ás librarías que distribúen novidades no noso idioma. Penso que será unha obra útil.
Ademais, por se aínda non tivestes oportunidade de vela e vos interesa, a entrevista no programa Vía Láctea de CorreoTV, sobre Amigos e sodomitas, reemitirase hoxe ás 14.30 h.
12 de jul. de 2011
Entrevista na Vía Láctea

Vía Láctea é un programa cultural que presenta e dirixe Carlos Roma en CorreoTV. No espazo que se emitirá hoxe ás 20.45 h (con repetición ás 23 h) falarei sobre o libro Amigos e sodomitas.
Se vedes que levo unha camisola igual á que xa saíu noutras fotos doutros medios non pensedes que é porque lle teño unha especial querencia nin cousa semellante. Foi só que, por casualidade, ese mesmo día fixen entrevistas para varios sitios, aínda que vaian saíndo aos poucos.
Xa me diredes que vos pareceu!
11 de jul. de 2011
Pediunas o corpo
O acto de presentación en Ribeira do libro Amigos e sodomitas comezou cunha ovación á xente da asociación Trapallada (Sabela, Manu, Joki...) que fixeron posíbel algo que parecía imposíbel: a celebración neste concello do primeiro Día do Orgullo GLBT, so o lema "Pídechas o corpo".Ademais do intercambio de opinións sobre este libro e, por conseguinte, sobre a historia da homofobia, o Día do Orgullo nesta vila mariñeira tamén contou cun cine-fórum e un concerto.
Xa o dixen máis veces, porén quero e debo repetilo. Moi poucas localidades no mundo das dimensións de Ribeira poden botar peito e afirmar que organizan unhas actividades como estas.
Debo subliñar tamén que, até onde sei, todo canto se fixo foi sen o apoio do Concello de Ribeira, que non cumpriu nin tan sequera na axuda solicitada en cuestións organizativas de carácter público. Para máis inri, o deixamento municipal foi a pesar de figurar no cartaz a súa prometida colaboración.
Para finalizarmos con sabor positivo na boca, anuncio que mañá (terza feira, martes) o programa Vía Láctea de Correo TV, presentado por Carlos Roma, falará do libro Amigos e sodomitas. Se aínda non o lestes e queredes ter algo máis de información sobre o seu contido, é unha boa oportunidade.
Actualización, 12 de xullo ás 14.48 h: Matízanme que, a pesar de que o Concello deixou que desexar no seu apoio, si colaborou nalgunhas cuestións de intendencia dos concertos, cumprindo así cos seus deberes mínimos. É máis que unha mágoa que, porén, non se quixer implicar nada máis, a pesar de existir unha demanda explícita na vila.
25 de mai. de 2010
O vídeo da entrevista na cama
Velaquí o vídeo do programa do que falaba nunha entrada anterior e parabéns ao éxito que está a colleitar este espazo ideado por Carlos Roma:
7 de mai. de 2010
Que portada! :D
Non me digades que a foto da portada de Galicia Hoxe do día de ídem non é engrazada! Está sacada da entrevista na cama que me fixeron para o programa Fu e Fa de Correo TV, que axiña estará dispoñíbel tamén en youtube.
Parabéns a Carlos Roma por ese seu novo programa de televisión, que está a colleitar tan boas críticas, e grazas a Galicia Hoxe por me dar a oportunidade de falar un pouco sobre a situación da nosa lingua con motivo da saída do libro En castellano no hay problema. A entrevista que me fixo Vanesa Olveira para o diario podedes consultala nesta ligazón.
Ademais, hoxe o xornal El País tamén se fai eco na súa edición galega da saída desta miña obra. A noticia, asinada polo tamén poeta Daniel Salgado, podedes lela aquí.
O volume preséntase mañá ás 19 h na Feira do Libro, coa compaña de Pilar García Negro, Caetano Díaz e Manuel Bragado.
4 de mai. de 2010
Unha entrevista atípica
Non me refiro á de Carlos Luis Rodríguez, non, senón a unha sección do novo programa de televisión de Carlos Roma, que comeza desta guisa:
Podedes ver o resultado hoxe ás 21.15 h en Correo TV. Xa me contaredes que vos pareceu!
Podedes ver o resultado hoxe ás 21.15 h en Correo TV. Xa me contaredes que vos pareceu!
Assinar:
Postagens (Atom)
