19 de dez. de 2010

San Antigripal

En terceiro de EXB tiven un libro de texto que me sorprendera moito porque, nunha das súas lecturas, falaba dunha señora que nunca na súa vida estivera doente. Eu, que fun un neno que caín postrado na cama con bastante frecuencia, quedara abraido coa historia.

Agora que xa vou maiorciño noto a chegada da primavera cando me veñen os sintomas alérxicos e a do pleno inverno cando a gripe me deixa irremediabelmente estomballado. Pois así estiven esta fin de semana e talvez siga nas mesmas aínda un día ou dous. A ver se San Antigripal, tan avogoso, fai algo efectivo para remedialo!

Um comentário:

  1. Pásache logo coma mín, cando non é unha cousa é outra. Teñen sido varias veces as que me pasei por aquí a cheirar, mais nunca me animei a comentar. Aproveito para che dicir que son un seguido bastante frecuente deste teu recunchiño.

    Déixote un artigo que escribín sobre o peche de CNN+, por se lle queres botar unha olladiña.

    http://vagalumestime.blogspot.com/2010/12/conquista-do-nacionalcatolicismo-un.html

    Un saudo

    ResponderExcluir