14 de dez de 2010

Tratad bien a los gallegos

Castellanos de Castilla,
tratad bien a los gallegos.
Cuando van, van como rosas,
cuando vienen, vienen como negros.

As sílabas non cadran. Xosé Lois facíanolo notar entre risos cando ouvimos como o galeguista representante do PP xustificaba a súa oposición a unha proposta de lei para garantir os dereitos lingüísticos. O deputado, Agustín Baamonde, ilustrábanos con que Rosalía de Castro tamén escribira en galego e en español. Para explicalo, mal citou o comezo de "Adiós ríos, adiós fontes" e, en castelán, os versos que están ao comezo.

Temos que falar da súa provocación e da súa má vontade, mais tamén da súa exhibición de ignorancia. Porque non doutro xeito se pode cualificar que se pavonee de que nin tan sequera coñece o básico da obra literaria da principal autora galega. É pasmoso que un deputado que representa ao grupo de goberno no pleno do Parlamento non teña vergoña en comezar unha intervención traducindo unha cantiga popular como se fose de autoría rosaliana e traducíndoa como se a tomase de En las orillas del Sar. Como reza o dito, a ignorancia sándase lendo.

2 comentários:

  1. E que camiseta levabas? "Lobeira utilizou o seu tempo parlamentario para ler unha nota oficial de Queremos Galego, plataforma que preside Carlos Callón, que non puido acceder ao hemiciclo cunha camiseta que se considerou impropia polos servizos de seguranza da cámara."

    ResponderExcluir
  2. E Garcia Lorca escribiu en galego, asi que deberamos defender os dereitos dos galegofalantes que residen en Andalucia

    ResponderExcluir