23 de dez. de 2010

Contra a diversidade, contra o ensino en catalán

Os ataques de Núñez Feijóo contra o idioma galego non son só ataques de Núñez Feijóo contra o idioma galego. Foron o comezo dunha nova etapa de involución lingüística e cultural que se quere estender ao conxunto do Estado.

Vémolo ben agora con estas sentenzas contra un modelo educativo exemplar, referendado por 30 anos de xurisprudencia e por diversos organismos internacionais. Parecía mentira que o tivésemos que dicir, tendo en conta todo o que aló levan adiantado, mais vaia para o pobo de Catalunya a nosa solidariedade.

Teñen forza, mais venceremos!

Um comentário:

  1. Cóidovos que este discurso tan xeralista carece de eficacia respecto das persoas que aínda non estean na militancia en prol das linguas en fase de exterminio.

    Por que non empezamos por pór de relevo o feito elemental para a *liberdade lingüística da imposibilidade de coñecermos o contido das sentenzas de referencia nas linguas españolas distintas do castelán.

    Por que se nos impoñen decisións xudiciais que nin tan siquera podemos coñecer nas linguas oficiais distintas do castelán?

    Onde queda o dereito a usarmos, pasivamente ou para informármonos neste caso, as linguas españolas distintas do castelán?

    As valoracións ou posicionamentos tan xenéricos acaban semellando ser *ideoloxía ou *política nos peores sensos que teñen no conxunto da sociedade; en cambio, entendo que se pomos de relevo datos tan concretos coma os amentados a mensaxe é moito máis doada de enxergar.

    ResponderExcluir