26 de set de 2010

Ti non es ti e sábelo

Dous poemas do libro Pronomes, do Antón Lopo:

AS LEIS DA MECÁNICA

A felicidade é un magma de cicatrices
a forza que vixila os nenos para que non laten a clase.
É si, como os ollos basculantes das bonecas.


AZUL

AMO e escravo
acordan complexos mecanismos de excitación
e reordenan personalidades fraudulentas.
Gritan e os seus gritos son gritos de dor,
anque nada semellante á dor exista
no último das súas bocas.
A dor pactada,
a dor que descanda os cárceres,
a dor que rompe a herencia das circunstancias,
a dor que borra as carexas maternas,
os preceptos de uso recto e mimético,
esa dor é unha espiral que desgarra a carne
como un tirarrollas
e derriba en espacios íntimos
que ninguén pisou e nunca intuiu.
Ti non es ti e sábelo.

3 comentários:

  1. Cando vin no poema a verba "laten" pensei "Este home e de Monforte ou arredores" E cando miro no link que leva wikipedia dixen "Equilicuá" xD

    Non sei se se di latar no resto do país, pero creo que é só pola nosa zona..

    Moi bos poemas por certo, grazas por descubrimos!

    Un saúdo!

    ResponderExcluir
  2. En Betanzos tamén se di latar a clase.

    ResponderExcluir
  3. Non coñezo cal é a distribución do verbo "latar" con este significado, aínda que xa o escoitara na adolescencia en Ribeira.

    No entanto, na miña infancia eu o que escoitaba principalmente era "facer a gata".

    ResponderExcluir