22 de set de 2010

Viviane Reding

Coa que está a caer sobre a deportación masiva de ciganos, dá máis fachenda amosar esta fotografía do pasado mes de abril con Viviane Reding, a comisaria europea de Xustiza e Dereitos Fundamentais, que quere expedientar a Sarkozy polas expulsións racistas.

A imaxe testemuña un encontro informal que mantivo con ela a delegación de Queremos Galego que visitou Bruxelas o pasado mes de abril, conformada por Anxo Louzao, Bieito Lobeira e quen isto escribe. Ana Miranda foi quen o posibilitou.

Sobre o tema da deportación dos ciganos, recoméndovos o artigo "Los Bling Bling", que Manuel Rivas publicou días atrás na contracapa de El País.

5 comentários:

  1. Carlos, que opinas do sectarismo de radiofusión, a teorica programacion conxunta das emisoras municipais galegas? ao meu parecer é un aparello máis do BNG que se mantén grazas a el

    ResponderExcluir
  2. Paréceme, anónimo, que o que tentas con este comentario é calumniar. Aquí tes unha listaxe das emisoras que conforman o EMUGA. Mira por quen está gobernado cada un dos concellos e tira as túas conclusións:
    http://gl.wikipedia.org/wiki/EMUGA

    Por outra banda, debo subliñar que me parece que o nacionalismo galego está infrarrepresentado mediaticamente, o cal me parece unha grave, gravísima, eiva democrática. Mentres, a ultra dereita ten un poder mediático que non se corresponde coa súa presenza social. Podemos constatalo en múltiplas radios, cabeceiras que se distribúen gratuitamente e TVs.

    ResponderExcluir
  3. Centrismo non, anónimo Álvaro, que estou á esquerda.

    ResponderExcluir