20 de dez de 2007

A Mariñeira de Quilmas

Onte fun co Xermán á estrea no Teatro Principal d'A Mariñeira de Quilmas, un filme rodado para a televisión, dirixido por Antón Dobao e baseado nun relato de Darío Xohán Cabana.

O filme é, dentro do que eu levo visto nos últimos anos, do melloriño que ten saído do noso audiovisual: unha boísima historia, unha extraordinaria fotografía, algunhas interpretacións memorábeis... Uns vimbios ben usados para facer un cesto sobresaliente.

Grande mágoa que sexa "só" unha TVmovie, porque este é cinema para competir no mundo: de calidade, baseado na nosa historia, en diálogo coa nosa literatura... e na nosa lingua!

Um comentário:

  1. Vaia, nom sabia nada :( Oi, nom contas nada do concerto do fim de semana?!

    ResponderExcluir