Que festa é esa en que non se acabe cantando "O Pousa"? Pois vede que homenaxe lle fixeron:
18 de ago. de 2014
11 de ago. de 2014
10 de ago. de 2014
Ligazóns ao desvío para un dez de agosto
- Tradución para o español do artigo que publicou en The Guardian o escritor Shayed Kashua, de orixe palestina e até hai pouco radicado en Israel e mesmo colaborador en Haartez. Recoméndoo moito: "Por que teño que deixar Israel?"
- Resposta que deu a coñecida pensadora Judith Butler cando a criticaron de antisemita (a ela, que é xudía...) por estar contra a barbarie que se está a cometer contra Palestina.
- Cisxordania: enfrontamentos, redadas e arrestos erosionan a saúde mental dos palestinos.
- Petición en Change.org para que o Deportivo utilice por fin ben o nome da cidade. Asina e divulga!
- A propaganda israelí en sete cómodos pasos.
- "Galizafóbicos", Bernardo Valdês.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
8 de ago. de 2014
Versos para a sexta feira: Ismael Ramos
Devoraron a miña carne
e penduraron a pel branca
dos cables do teléfono
para que a escoites.
Son un símbolo da rendición neste lugar.
De camiño
ti tamén mordiches os restos do meu corazón exhausto.
De camiño.
O que non sabes non che fará dano.
O resto son debilidades.
Os raposos bicarante na boca
a medida que avances.
Agochamos a chuvia nun cuarto pechado.
(Hábitat / Interferencias, Ismael Ramos, 2013.)
4 de ago. de 2014
3 de ago. de 2014
Ligazóns ao desvío para un tres de agosto
- "O outeiro da vergoña", Miguel Anxo Murado. As fotografías de arriba correspóndense xustamente ao que nos relata Murado.
- "A morte que vén de arriba", Miguel Anxo Murado.
- "As vitorias que perseguirán a Israel durante anos", lémbranos Íñigo Sáenz de Ugarte cun texto de Amira Hass nun medio nada sospeitoso de pro palestino como Haaretz.
- "Laranxas de Gaza", Miguel Anxo Murado.
- "Nacionalismo vs. candidaturas abertas", por Cousas de Imeneo.
- "Apoloxía do plaxio", Román Arén.
- "Dux Sanxenxo, o cosmopaletismo xorde de novo". A ver se sodes capaces de ler isto sen que vos caia o queixo.
- "O galego perde peso en internet. A porcentaxe da lingua galega no total dos idiomas utilizados reduciuse á metade no último ano".
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
1 de ago. de 2014
Versos para a sexta feira: Michael Rosen sobre Gaza
Israel prohíbe anuncios na radio coa lista de nomes das crianzas asasinadas en Gaza. (Guardian, 24 de xullo de 2014)
Non nomeedes as crianzas mortas.
A xente non debe saber os nomes
das crianzas mortas.
Os nomes das crianzas mortas deben agocharse.
As crianzas deben ser anónimas.
As crianzas deben deixar este mundo
sen teren nomes.
Ninguén debe saber os nomes
das crianzas mortas.
Ninguén debe dicir os nomes
das crianzas mortas.
Ninguén debe sequera pensar que as crianzas
teñen nomes.
A xente debe entender que sería perigoso
coñecer os nomes das crianzas.
A xente debe estar protexida
de saber os nomes das crianzas.
Os nomes das crianzas poden espallarse
como unha reacción en cadea.
A xente non estaría segura se soubese
os nomes das crianzas mortas.
Non nomeedes as crianzas mortas.
Non lembredes as crianzas mortas.
Non pensedes nas crianzas mortas.
Non digades: “crianzas mortas”.
A versión orixinal do poema que traducín o mellor que souben:
Israel bans radio advert listing names of children killed in Gaza
(Guardian 24.07.14)
Don’t name the dead children.
The people must not know the names
of the dead children.
The names of the children must be hidden.
The children must be nameless.
The children must leave this world
having no names.
No one must know the names of
the dead children.
No one must say the names of the
dead children.
No one must even think that the children
have names.
People must understand that it would be dangerous
to know the names of the children.
The people must be protected from
knowing the names of the children.
The names of the children could spread
like wildfire.
The people would not be safe if they knew
the names of the children.
Don’t name the dead children.
Don’t remember the dead children.
Don’t think of the dead children.
Don’t say: ‘dead children’.
[Michael Rosen é un recoñecido autor inglés de literatura infantil. A súa familia é xudía, o que nos dá pé para lembrarmos máis unha vez que non é o mesmo profesar esa relixión ou tela como pano de fondo cultural que ser sionista. Por fortuna, estes días estamos a escoitar miles de xudeus que traen á tona esta crucial diferenza.
A imaxe que pendurei para ilustrar estes versos é do dramático momento en que o exército israelí asasinou catro meniños que estaban a xogar ao fútbol. Un xornalista británico que viu como os mataron sinalou que era imposíbel non saber que se trataba de catro nenos e que o exército hebreo continuou a lles disparar até acabar cos que sobreviviran á primeira explosión. Tiñan entre nove e once anos.
Chamábanse Ahed, Zakaria, Mohamed e Ismaíl.]
Chamábanse Ahed, Zakaria, Mohamed e Ismaíl.]
23 de jul. de 2014
Assinar:
Postagens (Atom)



