8 de ago de 2014

Versos para a sexta feira: Ismael Ramos



Devoraron a miña carne
e penduraron a pel branca
dos cables do teléfono
para que a escoites.

Son un símbolo da rendición neste lugar.

De camiño
ti tamén mordiches os restos do meu corazón exhausto.

De camiño.

O que non sabes non che fará dano.
O resto son debilidades.

Os raposos bicarante na boca
a medida que avances.

Agochamos a chuvia nun cuarto pechado.

(Hábitat / Interferencias, Ismael Ramos, 2013.)

Nenhum comentário:

Postar um comentário