A Mesa fai 30 anos. Os días 18, 19 e 20 de abril de 1986, realizáronse unhas xornadas en Santiago de Compostela que concluíron coa creación da maior asociación cultural de Galiza. Como é que lle podemos dar os parabéns?
18 de abr. de 2016
17 de abr. de 2016
Ligazóns ao desvío para un dezasete de abril
- "O libro práctico no tempo da internet", César Lorenzo Gil.
- "Sete nomes para o fillo menor", no Portal das Palabras. Non podo deixar de pólo, pois eu son o fillo menor dun pai que foi o fillo menor e dunha nai que é tamén a filla menor :)
- Morrey Shangay Lilly.
- "1916: unha terrible beleza naceu. A cen anos de dous feitos claves para o nacionalismo", Manuel Vilar Álvarez.
- En 8 de cada 10 fogares de Galiza xa non vive ningún menor de 16. Aquí, a táboa do Instituto Galego de Estatística.
- "BNG-CIG as razóns dunha convivencia difícil", interesante e valente artigo de Manuel Veiga. Adiante co debate!
14 de abr. de 2016
Poesía sobre lingua (3): "A fala", Lois Diéguez
A FALA
Perderte é ficar mudos,
matar a conciéncia popular,
esmorecer,
esvairse nunha Terra
sen froito e sen ledícia,
aguniar no tempo conquistado,
entregar o futuro ao nemigo.
Nen pistolas nen leis
poderán contra ti.
Sulagaremos as illas
onde te queren gardar.
Derrubaremos os museos
que están a construir
para ti.
(O ferro dos dias, Lois Diéguez, 1982)
11 de abr. de 2016
Un matrimonio homosexual no século XI
Este sábado é o aniversario, así que non podía deixar de o comentar no espazo semanal en Sermos Galiza:
10 de abr. de 2016
Ligazóns ao desvío para un dez de abril
- "Lenguas y acentos", Ángel Carracedo. Non puxera no meu blogue este magnífico artigo, e non podía ser. Se non o lestes, recoméndovolo e anímovos tamén a que o difundades :)
- "Bicos contra a homofobia na USC", Sermos Galiza.
- "Moreno Cabrera denuncia os perigos do bilingüismo forzoso", Cibrán Arxibai. A sociolingüística galega díxoo mil veces, así que a ver se dicíndoo un profesor madileño vai :)
- "Render contas ou pagar rendas?", Alberte Souto.
7 de abr. de 2016
Poesía sobre lingua (2): "Diversos són els homes i diverses les parles", Salvador Espriu
Diversos són els homes i diverses les parles,
i han convingut molts noms a un sol amor.
La vella i fràgil plata esdevé tarda
parada en la claror damunt els camps.
La terra, amb paranys de mil fines orelles,
ha captivat els ocells de les cançons de l'aire.
Sí, comprèn-la i fes-la teva, també,
des de les oliveres,
l'alta i senzilla veritat de la presa veu del vent:
"Diverses són les parles i diversos els homes,
i convindran molts noms a un sol amor."
(Salvador Espriu, La pell de brau, 1960)
Penso que se entende ben, mais por aquí deixo a miña tradución:
Diversos son os homes e diversas as falas,
e conviñeron moitos nomes a un só amor.
A vella e fráxil prata convértese en tarde
parada na claridade sobre os campos.
A terra, con trampas de mil finas orellas,
cativou os paxaros das cancións do ar.
Si, compréndea e faina túa, tamén,
desde as oliveiras,
a alta e sinxela verdade da presa voz do vento:
"Diversas son as falas e diversos os homes,
e convirán moitos nomes a un só amor".
4 de abr. de 2016
3 de abr. de 2016
Ligazóns ao desvío para un tres de abril
- "La epidemia silenciosa", Miquel Bassols.
- "Sobre o 'dereito a decidir' e a necesidade de sermos nación", Suso de Toro.
- "A Marea - Podemos, unha crítica nacionalista", Manuel Veiga
- "Sobre o estilo do manifesto comunista", Umberto Eco (tradución ao castelán).
- "Reivindican o acceso aos arquivos militares relacionados co franquismo", nova no xornal Ara.
- "O salario das mulleres é inferior ao dos homes en todos os países desenvolvidos", nova no xornal Expansión. Sorprendeume moito que entre os estados que teñen unha fenda salarial maior están os Países Baixos (20,5% de diferenza) e Finlandia (20,2%).
- Miquel Bassols: “Freud era un misógino contrariado, pero se dejó enseñar por las mujeres”. Moi ben esta entrevista, excepto a estrañísima última pregunta, que son incapaz de entender a que vén e coa cal Bassols sabe tomar unha moi boa saída.
- "El gráfico que muestra que en España tenemos horarios muy raros". E iso que non falan do caso concreto de Galiza, que é moito peor
Assinar:
Postagens (Atom)


