- "Lenguas y acentos", Ángel Carracedo. Non puxera no meu blogue este magnífico artigo, e non podía ser. Se non o lestes, recoméndovolo e anímovos tamén a que o difundades :)
- "Bicos contra a homofobia na USC", Sermos Galiza.
- "Moreno Cabrera denuncia os perigos do bilingüismo forzoso", Cibrán Arxibai. A sociolingüística galega díxoo mil veces, así que a ver se dicíndoo un profesor madileño vai :)
- "Render contas ou pagar rendas?", Alberte Souto.
Mostrando postagens com marcador Domingo Neira. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Domingo Neira. Mostrar todas as postagens
10 de abr. de 2016
Ligazóns ao desvío para un dez de abril
15 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (15)
- A Galiza prácida de Anestésicos Feijóo: Sen políticos da oposición galega no Telexornal do sábado.
- "Sexting mata?", Maralice de Souza Neves.
- "No hay más sexualidad que la desviada": Manuel Fernández Blanco sobre o caso de Domingo Neira.
- Vídeo do estampido de deputadas e deputados no Congreso en 2007, cando o BNG presentaba unha iniciativa para que finalizase o veto á construción naval civil en Ferrol, un tema fulcral para a economía do país. Hai pouco falouse doutra desbandada semellante, cando os deputados e as deputadas saíron a fume de carozo para apañaren os transportes que os levarían para os seus fogares. Sen dúbidas, a de 2007 é máis significativa sobre o papel do Congreso e o papel de Galiza no Estado. Tróuxoa moi ben á memoria o blogue Cousas de Imeneo.
- O CSIC evita titular a súa revista galega en galego "para no perder prestigio". O conselleiro de Educación e Cultura, presente no acto, declinou dicir nada ao respecto. O secretario xeral de Política Lingüística, ao día seguinte, tamén amparaba o asunto e só dicía, de xeito propagandístico e disparatado, que daría diñeiro para unha edición galega da revista. Recordemos ao respecto a situación do galego no campo das pesquisas académicas e, tamén, a desatención da Xunta aos medios de comunicación no noso idioma.
- Vídeo da recente chuva de pedras en Sicilia, vindas do Etna.
- A imparábel ruína de Pompeia. A reformulación de orzamentos públicos e a externalización de servizos, ou como queira que chamen aló aos recortes e ás privatizacións, parece que tamén teñen o seu peso na aceleración do declive.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

1 de dez. de 2013
Un de decembro, tantas cousas...
O primeiro de decembro é unha xornada para recordarmos moitas cousas. Hai anos foi aquela enorme mobilización cidadá de chuvia, bágoas e indignación, non contra os fados, senón contra unhas políticas que nos conduciron ao peor. É triste comprobar que altos cargos daquel goberno, como Mariano Rajoy ou Alberto Núñez Feijóo, son hoxe de novo os que detentan o poder. A impunidade ten moitas faces.
Mais, como vimos hoxe nas rúas, o un de decembro non é só unha data para a nostalxia por unhas mobilizacións dun pasado recente. Hai moitas galegas e moitos galegos que non se resignan ao desprezo e á inexistencia. Temos que agradecerlle á plataforma Nunca Máis que sexa catalizadora desa ansia. Ouzámola e apoiémola.
O un de decembro tamén é unha xornada de loita e concienciación internacional contra a sida, unha doenza que pasou, nos lugares con cobertura sanitaria xeral, de ser unha pandemia mortal a unha moi seria enfermidade crónica, grazas aos antirretrovirais. Hai, claro, retos médicos importantes por diante, como conseguir a desexada cura, mais tamén retos políticos que non podemos esquecer, e non falo só no campo da investigación. Que están a supor os recortes aplicados até o de agora polo Goberno español e pola Xunta nesta área? Que poden supor os novos recortes?
Segundo o Grupo de Estudio del Sida (GESIDA), a nivel de Estado, o custo anual do tratamento dun paciente, incluídas as visitas médicas, é duns 12.000 euros. Trátase dunha cantidade inasumíbel para os expulsados da cobertura sanitaria polos gobernos do PP. Hai unha parte de falta total de sensibilidade pola sorte desas persoas, unha falta total de caridade cristiá neses dirixentes de misa dominical ou misa diaria. Mais, para alén diso, como teñen avisado numerosos profesionais, desatender desa maneira os doentes dunha enfermidade infecciosa non pode ter máis que consecuencias negativas para o conxunto da poboación. Polo un e polo outro, cómpre que fagamos erguer a nosa voz.
E que máis hai para lembrarmos o un de decembro? Pois é unha data especial en Galiza e desde Galiza: é o aniversario da morte de Eduardo Blanco Amor e, por iso, un día que se ten aproveitado moito nos últimos anos para erguermos a voz contra a homofobia, que tamén el tanto combateu en vida. Nos últimos días puidemos escoitar as delirantes palabras dun profesor universitario encargado de formar futuros docentes, por fortuna contestado con enerxía polos seus estudantes e apartado desas funcións de forma provisional. Fica aínda abondo traballo por diante.
Assinar:
Postagens (Atom)