16 de dez de 2011

A lingua propia de Galiza é o malaio

Este sábado 17 ás 17 h a praza do Toural acollerá un grupo de persoas provenientes de diferentes lugares de Galiza para exclamar que a lingua propia de Galiza é o galego. Xa sei que soa moi radical iso de dicir que o galego é a lingua propia de Galiza, cando todo o mundo sabe que a lingua propia de Galiza é o malaio ou o alemán ou o quimbundo, como brincaba alguén.

Mobilizarémonos para defender o evidente e para reclamar que se deteña a caza de bruxas contra a nosa cultura. Non é de recibo que o Valedor do Pobo pida a censura dun libro de texto por reproducir o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía e moito menos é presentábel que a Xunta execute o acto censorial.

Sobre o tema publicáronse moitas cousas ao longo destes días. Dous días antes de que se fixese eco desta situación a TVG xa o tema saíra en diferentes medios de todo o Estado español. Ficaba tan ás claras a súa censura que finalmente recolleron dous dos actos de Queremos Galego:







Da concentración de onte tamén fixo o seguinte vídeo Terra e Tempo TV:

Concentración de Queremos Galego exixindo o cesamento do Valedor do Pobo de Terra e Tempo Tv en Vimeo.



Hai varios artigos que están a saír sobre o tema da censura deste manual escolar. Deles, hai tres que quero recomendar de forma especial. Pídovos que atendades moito as palabras de Manuel Rodríguez Alonso, pois fan referencia a un dos efectos inmediatos desta caza de bruxas que non debemos pasar por alto:
Continuamos! Temos lingua propia!

Um comentário:

  1. Como dicía Rafael Cuíña onte no Facebook:


    Cantos de UPyD, Galicia Bilingüe e sectores do PP e PSOE protestarían se no libro de marras se dixese que "el castellano es la lengua oficial de Galicia" sen citar a cooficialidade do galego?

    Gústame · · Onte ás 13:45 preto de Lalín, Galicia ·

    ResponderExcluir