26 de dez. de 2011

E, sobre todo, ti non es galega, ti non es galego!

Esta sería a principal conclusión a que chegaría unha cativiña ou un cativiño que vise que as "mulleres galegas" e os "homes galegos" teñen que vestir así:




Estas fichas distribuíronse a todos os centros de ensino de Galiza con motivo do Día das Letras de 2007.

Que opinades?

3 comentários:

  1. O material cae nunha folklorización inadmisíbel ao titular a actividade como "traxe de diario". Consciente o inconscientemente o autor usa estes tópicos e prexuízos tan hexemónicos para representar como é ser galegos. É como describir a especificidade dun grupo étnico separado para atoparlle o seu lugar nun catálogo de tipos étnicos. É máis, esta é unha visión colonial da nosa cultura que nos quere reducir a unha simple categoría cultural desfasada ou a un tipo étnico en vías de extinción. E Isto é o que aprenden os nosos rapaces na escola...

    Habería que empezar a reivindicar o uso do traxe "rexional" como o noso traxe nacional para superar estes reduccionismos?

    ResponderExcluir
  2. meu país é para chorar, senón fose que hai persoas coma ti, Carlos, un abrazo grande e agarimoso. rosa

    ResponderExcluir
  3. É que xa se sabe que a historia de Galicia non se dá en Ciencias Sociais, dáse en Lingua Galega. Porque a materia de Lingua Galega e Literatura é para todas esas cousas que se relacionan con Galicia. Nas materias importantes non se perde o tempo en historia, xeografía, costumes etc dun país pequeno coma o noso. Iso vai para as clases de "gallego".
    Hai pouco un compañeiro do meu centro, que tamén impartía Lingua, pasoume todo contento unha presentación sobre o Entroido "para que la pongas en clase". Era un conxunto de imaxes dos entroidos de Verín, Xinzo e Laza con cores xa pasadas e mesmo algo rancias e comentarios típicos de documental. Souben logo que os seus alumnos non sabían moito de verbos, redactar ou así, pero viran horas e horas de fotos de magostos, maios e entroidos.
    O triste chega cando este ano, unha das persoas do Equipo de Normalización me di que "pensamos, por el magosto, hacer una unidad didáctica sobre la castaña para las clases de gallego de la ESO". Non teño nada en contra de explicarlles aos meus alumnos cal foi o papel da castaña na alimentación galega e a súa influencia na economía.
    Pero iso son contidos das Ciencias Sociais, eu explico comunicación, gramática, literatura etc.
    Mal nos irá tentando normalizar unha lingua se só a unimos ao floclore.

    ResponderExcluir