17 de dez de 2011

"O castelán é a lingua oficial de España"

Na páxina 57, o libro de texto de Coñecemento do Medio que queren censurar o Valedor do Pobo e o Conselleiro de Educación reproduce o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía. En fin, xa sabedes, que recoñece que o galego é a lingua propia de Galiza.

O españolismo botou as mans á cabeza ao ver que o manual reproducía unha idea que quererían que non fose realidade. O argumento que utilizaron é que o libro debería censurarse porque non se dicía que o español era oficial.

Mais, claro, se imos consultar a anterior páxina dese mesmo libro de texto, a 56, encontrámonos con que, no mesmo ángulo superior dereito se di "A Constitución establece que o castelán é a lingua oficial de España". Aquí o podedes ver:

Que escusa teñen entón para pretender censurar que este libro reproduza o artigo 5.1 do Estatuto?

Mobilicémonos para deter esta caza de bruxas contra a existencia e o recoñecemento da nosa cultura!

Hoxe, ás 17 h temos unha cita na praza do Toural!

Porque o galego é a lingua propia de Galiza!

Um comentário:

  1. Por fin podo ver o libro. Gracias. Por que non amosan esto os xornais que publican artigos sobre a denuncia do UPyDeiro?

    ResponderExcluir