21 de out. de 2011

Tantas cousas

Cheguei hai un pouco do acto de presentación en Lalín de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e mañá sábado pola mañá saio cediño para Castro Caldelas para a entrega do premio Vicente Risco por Amigos e sodomitas. Por se vos interesar, o evento desenvolverase ás 12 h no salón nobre do castelo.

Tamén agora, medio terminei unha información para unha reportaxe que sairá nun medio mexicano sobre este último libro e penso que tamén nesta fin de semana terá eco Amigos e sodomitas noutra reportaxe nun semanario brasileiro. Sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, por certo, penso que sairá mañá unha entrevista na edición do Deza do Faro de Vigo. Estou fisicamente canso, aínda que a presentación de Lalín -como a maioría das presentacións- tamén me deixa unha nova carga de enerxía.

Mais ao que ía, que falo do xato e esquezo o trato. Entraba agora no blogue para deixar unha pregunta sobre outros temas totalmente diferentes; unha cuestión que me veu á gorxa tras as noticias de onte: Non é contraditorio celebrar a paz e festexar un asasinato sen xuízo?

Era isto o que quería dicir.

3 comentários:

  1. Entendo que en parte se trata dunha pregunta retórica. Con todo, isto non nos resulta novidoso. É a mesma contradición que nos presentan tódolos días. Falabamos hoxe á hora da cea de que agora se pretende que se pida perdón polas vítimas do terrorismo de ETA, cando ninguén reclamou ese perdón con respecto ás vítimas da Transición (porque claro que as houbo), e nin que dicir ten das do franquismo...
    A miña conclusión, que cambia un pouco o punto de vista sobre estas dúas novas, é outra pregunta: Estes dous acontecementos realmente van cambiar as cousas?

    Aí o deixo. Parabéns de novo polo premio e polo valiosísimo traballo que estás realizando.
    Navia.

    ResponderExcluir
  2. http://blog.mondediplo.net/2011-10-24-Liberation-ambigue-en-Libye

    Coido que é un artigo moi interesante...


    Alejandra

    ResponderExcluir
  3. Navia, grazas pola reflexión e polos parabéns.

    Alejandra, abofé que é interesante. Obrigado!

    ResponderExcluir