6 de out de 2011

Auga de varias fontes

Antes de pendurar aquí diversas cousas que penso que poden ser de interese, non quero deixar de agradecer a toda a xente que participastes onte no acto de presentación no Dezaseis do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Moi moi obrigado!

Agora, xa me contaredes que tal vos vai pondo en práctica os consellos que aí se poñen! Como os adaptades ao voso día a día? Funciónanvos? Que modificaríades?

Mañá continúa a xira de presentación do libriño. Será ás 20 h na libraría A Tenda dos Libros de Ponteceso. O convite está feito! ;)

Polo demais, como antes dicía, vou deixar que pasen por esta canle augas de varias fontes, por se vos apetecer beber delas:

- "Cal é o significado de 'abrirse á sociedade'?", Xosé Ramón Freixeiro Mato, Terra e Tempo.

- "A CIG convoca unha manifestación nacional o 23 de outubro en defensa do emprego e dos servizos públicos", Avantar - CIG.

- "Fermín Bouza Brey, xuíz e parte", Xoán Carlos Garrido Couceiro, Terra e Tempo.

- "De la alianza de civilizaciones al escudo antimisiles", Escolar.net.

- "Priberam lança o guia "Nova Ortografia - Modo de Usar", Academia Galega da Língua Portuguesa.

- "How Language Shapes Thought. The languages we speak affect our perceptions of the world", Scientific American.

- "Roteiro. Entre Roma e o feudalismo na Amaía. 15 de outubro", Asociación Cultural O Galo, impartido por Manuel Gago.

- "IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral. Lendas urbanas: mitos e ritos dos tempos modernos", Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

- "AGLP organiza I Colóquio Guerra da Cal", Academia Galega da Língua Portuguesa.

- "Carta a Angela Merkel", Escolar.net.

- "A visita do Papa a Reino Unido", Terra e Tempo. Cadernos de Pensamento Nacionalista 11, Robert Neal Baxter (en pdf).

Um comentário:

  1. “7. Como nos defendermos dos ataques? Algúns consellos.” De momento só estiven botado unha ollada ao libro e por experiencia concordo co lido até o momento. Experiencia: Nunha reunión dunha asociación, esta segunda-feira pasada. Nun exercicio sobre comunicación (si manda carallo, comunicación con código descoñecido) eu como voluntario tiña que contar a unha muller un conto que me relatara previamente outra muller. A segunda muller dime que non pode continuar co experimento porque non entendeu o cachito que lle contei. A coordinadora do exercicio pregúntame se podo repetir o cachito en español. Eu contesto que non e dígolle a esta que estou disposto a falar de vagar e con tranquilidade mais que non podo renunciar a un dereito. Digo isto cun sorriso, sen agresividade, sen transmitir negatividade. A segunda muller négase a participar e alguén dille que sendo galega non pode ser que non entenda o galego, outra persoa engade que é o meu dereito poder falar galego. O home ao que conto a historia participa en galego e deixa de falar español. Continúo con bo humor e dígolle á galega que non entende galego (sen ironía, nin “mal rollo”) que non hai problema e que non importa.

    ResponderExcluir