16 de dez. de 2010

Inxúriase ou calúmniase cando se di que un xuíz ten que cumprir e defender a Lei?

Moitas grazas a todas as mensaxes de ánimo e apoio. Seguimos adiante. Que estes xestos de prepotencia sexan aliciente para seguirmos traballando con forza.

9 comentários:

  1. Grazas, Carlos polas túas palabras sempre coherentes e firmes, sempre sempre atinadas e por esa loita incansable e sen "peros". Nin un paso atrás e XUSTIZA!

    ResponderExcluir
  2. Hoje todos somos Carlos Callón. Força e a chegar até o final!

    ResponderExcluir
  3. Ánimo Carlos! A justiza, a de verdade, está contigo!

    ResponderExcluir
  4. O xuíz decano da Coruña ten a obriga de usar o galego!

    Vexamos o fondo xurídico da nova!

    En efecto, cabe salientar algo que por obvio semella pasar desapercibido: o dereito a USAR unha lingua, calquera lingua, ten un contido ou dupla dimensión. a) dereito ou facultade de usala para EXPRESARSE, falando e escribindo (ou facendo outros acenos) e b) dereito ou facultade de usala para INFORMARSE, oíndo e lendo (ou decodificando outros signos).

    Por outra banda, aínda que unha mesma persoa pode acupar as posicións de emisor e receptor (grava a súa voz e logo escóitaa; escribe e logo le o escrito) no mesmo acto de comunicación, o normal, o habitual é que en cada acto de comunicación lingüística participen un mínimo de dúas persoas: emisor e receptor recíprocos.

    Pois ben, se un deses interlocutores ten DEREITO a usar unha lingua coñecida ... tanto para expresarse coma para informarse, SIGNIFICA que ten garantido polo Estado, pola comunidade política territorialmente soberana, poder expresarse e mais informarse nesa lingua; poder expresarse nesa lingua e poder esixir dos seus interlocutores que se expresen con el nesa lingua. De onde, madia leva, resulta que o dereito dun interlocutor a usar unha lingua equivale á obriga dos seus interlocutores a usaren esa lingua.

    Como o Carlos Callón ten dereito a usar o galego, o denunciante xuíz decano da Coruña vén obrigado a comunicarse con el en galego: a denuncia debe ser expresada en galego PARA SER TRAMITADA.

    Neste punto cabe alegar que o xuíz decano TAMÉN ten dereito a usar o castelán e que, conseguintemente, terá que ser o Carlos Callón quen teña que informarse en castelán do contido da denuncia formulada na súa contra. Porén, non hai que esquecer que o art. 14 CE prohibe a discriminación por mor de lingua e o 3 CE esixe unha especial protección e respecto para as distintas linguas españolas. Protección e respecto que só se garanten se se coñecen e usan e prohibición de discriminación que esixe un uso semellante do galego no seu territorio propio ó que ten o castelán no seu. Isto é, en principio, o uso do galego na Galiza española debe ser semellante ó que ten o castelán en Castela.

    E digo en principio porque se o Carlos Callón fora denunciado por un catalán ou por un burgalés que lexitimamente descoñecera o galego non se podería acoller ó dereito a usar sen discriminación a lingua española oficial propia do territorio, e tería que usar o castelán, tamén para expresarse!, nas comunicacións lingüísticas co denunciante mentres que este non tivera a oportunidade de coñecer con suficiencia o galego como para defenderse (art. 24 CE) nel.

    Nin o Carlos Callón podería facer valer o seu dereito a usar o galego, que quedaría en suspenso nese concreto acto de comunicación con ese concreto interlocutor español descoñecedor lexítimo do galego, nin o xuíz decano da Coruña pode facer valer o seu dereito a usar o castelán nos actos de comunicación co Carlos Callón derivados da denuncia formulada. O xuíz decano da Coruña non pode alegar, coma un murciano calquera, lexítimo descoñecemento do galego porque leva varios anos vivindo na Galiza e amais ó ser lingua oficial ten a obriga de coñecela e, eventualmente, usala por mor da súa profesión de xulgador; pois, os xulgadores, coma o resto dos empregados ou servidores públicos teñen a obriga de coñeceren e, eventualmente, usaren as linguas oficiais dos órganos nos que prestan os seus servizos ou territorios sobre os que exercen a súa función pública. ou xurisdición.

    Ah!, e non abonda con que o xulgado instrutor ou exhortado se encarguen de traducir a documentación; pois é obriga do denunciante e condición de procedibilidade, expresar a súa denuncia en galego.

    ResponderExcluir
  5. O xuíz decano da Coruña ten a obriga de usar o galego!

    Vexamos en primeiro lugar se Xornal.com segue a aplicarme a censura previa ... disque acubila colaboradores pouco rigorosos!

    Vexamos tamén o fondo xurídico da nova!

    En efecto, cabe salientar algo que por obvio semella pasar desapercibido: o dereito a USAR unha lingua, calquera lingua, ten un contido ou dupla dimensión. a) dereito ou facultade de usala para EXPRESARSE, falando e escribindo (ou facendo outros acenos) e b) dereito ou facultade de usala para INFORMARSE, oíndo e lendo (ou decodificando outros signos).

    Por outra banda, aínda que unha mesma persoa pode acupar as posicións de emisor e receptor (grava a súa voz e logo escóitaa; escribe e logo le o escrito) no mesmo acto de comunicación, o normal, o habitual é que en cada acto de comunicación lingüística participen un mínimo de dúas persoas: emisor e receptor recíprocos.

    Pois ben, se un deses interlocutores ten DEREITO a usar unha lingua coñecida ... tanto para expresarse coma para informarse, SIGNIFICA que ten garantido polo Estado, pola comunidade política territorialmente soberana, poder expresarse e mais informarse nesa lingua; poder expresarse nesa lingua e poder esixir dos seus interlocutores que se expresen con el nesa lingua. De onde, madia leva, resulta que o dereito dun interlocutor a usar unha lingua equivale á obriga dos seus interlocutores a usaren esa lingua.

    Como o Carlos Callón ten dereito a usar o galego, o denunciante xuíz decano da Coruña vén obrigado a comunicarse con el en galego: a denuncia debe ser expresada en galego PARA SER TRAMITADA.

    Neste punto cabe alegar que o xuíz decano TAMÉN ten dereito a usar o castelán e que, conseguintemente, terá que ser o Carlos Callón quen teña que informarse en castelán do contido da denuncia formulada na súa contra. Porén, non hai que esquecer que o art. 14 CE prohibe a discriminación por mor de lingua e o 3 CE esixe unha especial protección e respecto para as distintas linguas españolas. Protección e respecto que só se garanten se se coñecen e usan e prohibición de discriminación que esixe un uso semellante do galego no seu territorio propio ó que ten o castelán no seu. Isto é, en principio, o uso do galego na Galiza española debe ser semellante ó que ten o castelán en Castela.

    ResponderExcluir
  6. E digo en principio porque se o Carlos Callón fora denunciado por un catalán ou por un burgalés que lexitimamente descoñecera o galego non se podería acoller ó dereito a usar sen discriminación a lingua española oficial propia do territorio, e tería que usar o castelán, tamén para expresarse!, nas comunicacións lingüísticas co denunciante mentres que este non tivera a oportunidade de coñecer con suficiencia o galego como para defenderse (art. 24 CE) nel.

    Nin o Carlos Callón podería facer valer o seu dereito a usar o galego, que quedaría en suspenso nese concreto acto de comunicación con ese concreto interlocutor español descoñecedor lexítimo do galego, nin o xuíz decano da Coruña pode facer valer o seu dereito a usar o castelán nos actos de comunicación co Carlos Callón derivados da denuncia formulada. O xuíz decano da Coruña non pode alegar, coma un murciano calquera, lexítimo descoñecemento do galego porque leva varios anos vivindo na Galiza e amais ó ser lingua oficial ten a obriga de coñecela e, eventualmente, usala por mor da súa profesión de xulgador; pois, os xulgadores, coma o resto dos empregados ou servidores públicos teñen a obriga de coñeceren e, eventualmente, usaren as linguas oficiais dos órganos nos que prestan os seus servizos ou territorios sobre os que exercen a súa función pública. ou xurisdición.

    Ah!, e non abonda con que o xulgado instrutor ou exhortado se encarguen de traducir a documentación; pois é obriga do denunciante e condición de procedibilidade, expresar a súa denuncia en galego.

    ResponderExcluir
  7. Carlos! O repe elímínao.

    Desculpas!

    Un saúdo!

    (Este tamén o podes eliminar despois de lelo)

    ResponderExcluir
  8. Mira que simpáticos son os do ABC:

    "En castellano, no. El presidente de la Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, se aferró ayer a su derecho «de no declarar» tras ser denunciado por el juez decano de La Coruña, Antonio Fraga Mandián, por «afear» su defensa del topónimo español herculino. En concreto, Callón había solicitado la documentación «en gallego» y hasta el momento sólo la habría recibido en la lengua común de todos los españoles."

    ResponderExcluir
  9. Ese xuíz tería defendido acerrimamente a calquera que recibise a documentación "en gallego" e esixise recibila "en castellano". Porque polo visto o "castellano" é o idioma "español", pero os outros non... Será que este tipo de xente defenden que os galegos, cataláns, vascos... non somos tan españois como os burgaleses, toledanos e turolenses? É dicir, esta xente está defendendo a independencia, a non españolidade, destas comunidades, eles son os verdadeiros separatistas.

    ResponderExcluir