5 de dez. de 2010

Cansos

Hai un pouquiño que chegamos a Barcelona. Tras o caos aéreo, non nos quedou outra que tirar de carro e cruzar a Península a través das paisaxes nevadas. Cansos estamos, si, mais temos ben claro que a responsabilidade principal desta situación non é dos controladores aéreos, senón do Goberno español.

Entre as filtracións de wikileaks, as novas privatizacións e as manipulacións e prepotencias destes días contra os controladores, está máis claro que nunca que todo o que tiña Zapatero de rexeneración xa quedou hai tempo esquecido. A actual política de dereitas que leva a cabo o PSOE parece só un prólogo para deixarlle o camiño máis fácil ao PP. Unha mágoa.

6 comentários:

  1. Primeira vez que estou totalmente en desacordo contigo... síntoo... esos teñen que ir á puta calle... chantajistas de merda

    ResponderExcluir
  2. Vaites, home! Se Marx levantase a cabeza e vise a un militante dun partido comunista patriótico defendendo os privilexios desta tropa! Terá algo que ver que a voceira dos contraladores de Lavacolla forme parte da directiva da Mesa?

    ResponderExcluir
  3. Eu, manipulacions, prepotencia e irrresponsabilidade so a vira da banda dos controladores, e non, neste caso, do goberno. Mal agoiro que o presidente da Mesa viva tan fora da realidade como os das torres de control.

    ResponderExcluir
  4. A min paréceme lóxico que protesten. Que é iso de que non teñan nin dereito ao permiso de maternidade?!

    ResponderExcluir
  5. Útil: http://charlas.publico.es/cesar-cabo-2010-12-07

    ResponderExcluir
  6. Máis útil: A táboa reivindicativa dunha casta de privilexiado: http://www.netoraton.es/?p=21869

    ResponderExcluir