20 de ago. de 2010

A presentación de En castellano no hay problema en Ferrol

O pasado 14 de xullo presentamos en Ferrol o libro En castellano no hay problema. Foi un acto cálido pola tremenda participación e as intervencións de Manuel Bragado, Carlos Outeiro e Francisco Rodríguez. Como non podía ser doutro xeito, este último fixo unha análise moi lúcida e suxestiva da situación actual do noso idioma e da capacidade de mobilización social na súa defensa.

Déixovos aquí dúas fotografías do evento:

Nenhum comentário:

Postar um comentário