Mostrando postagens com marcador Daniel Salgado. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Daniel Salgado. Mostrar todas as postagens

17 de fev. de 2013

Ensaio en galego máis vendido nesta quincena

Segundo informa Ramón Nicolás no seu Caderno da Crítica, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez foi o ensaio no noso idioma máis vendido nas primeiras dúas semanas de febreiro. Moi obrigado!

Na listaxe que recolle Amazon, o libro vai subindo e baixando postos (actualízase cada hora), mais continúa cunha excelente acollida. Nalgúns momentos desta semana pasada mesmo chegou a estar no Top-100 das obras máis vendidas a nivel de Estado. Non podo estar máis agradecido.

Continuamos!

5 de fev. de 2011

Cos ollos no Brasil


Aínda que os mapas mercátor nos poidan enganar á vista, o Brasil ten case o duplo de extensión que toda a Unión Europea. O xigante americano, nomeado como unha das economías emerxentes do mundo, fala galego sen saber que o fala.

Algúns artistas da Galiza están a tecer pontes co Brasil. Disto facíase eco onte El País na súa edición galega. A reportaxe, de Daniel Salgado, intitúlase "Territorio da 'galeguia'".

Oxalá a nivel institucional a Xunta tamén remase na mesma dirección que estes artistas. Seríanos de grande proveito a nivel cultural, mais tamén económico. A galegofobia péchanos portas.

7 de mai. de 2010

Que portada! :D


Non me digades que a foto da portada de Galicia Hoxe do día de ídem non é engrazada! Está sacada da entrevista na cama que me fixeron para o programa Fu e Fa de Correo TV, que axiña estará dispoñíbel tamén en youtube.

Parabéns a Carlos Roma por ese seu novo programa de televisión, que está a colleitar tan boas críticas, e grazas a Galicia Hoxe por me dar a oportunidade de falar un pouco sobre a situación da nosa lingua con motivo da saída do libro En castellano no hay problema. A entrevista que me fixo Vanesa Olveira para o diario podedes consultala nesta ligazón.

Ademais, hoxe o xornal El País tamén se fai eco na súa edición galega da saída desta miña obra. A noticia, asinada polo tamén poeta Daniel Salgado, podedes lela aquí.

O volume preséntase mañá ás 19 h na Feira do Libro, coa compaña de Pilar García Negro, Caetano Díaz e Manuel Bragado.