18 de mai de 2010

Pactos e otorrinos

Alberto Núñez Feijóo propón un "pacto pola lingua" que consiste en que todo o mundo apoie a súa política de agresión contra o galego. "Consenso mortal" sería o título do filme, como brinca Pilar García Negro no seu recomendábel De fala a lingua: un proceso inacabado.

Que "pacto" é ese no que un non está disposto a ceder nada nin a cumprir outros pactos xa asinados con anterioridade? Que tipo de palabra ten Alberto Núñez Feijóo cando o mesmo respalda o Plan xeral de normalización en 2004 ou o decreto en 2007 que os ataca?

Ante a propagandística proposta presidencial, Manuel Rivas publicou hoxe no seu blog este "poema xornalístico" que o di todo:
PACTO E DECRETO (poema xornalístico)

O Presidente trouxo unha gran noticia: o gran pacto.
Queremos un gran pacto, dixo.
Queremos a paz, dixo.
Entón, retirarán a declaración de guerra,
o decreto de hostilidades?,
preguntou o xornalista máis inxenuo.
Ah, iso non!, respondeu o Presidente.
Non oíron falar da "paz hostil"?

Na súa prepotencia, os dirixentes do PP seguen sen escoitar nin a sociedade nin as institucións nin os contundentes informes xurídicos. Ou insultan ou menosprezan.

Ben elocuente é que o secretario xeral de Política Lingüística diga que non escoitou ningunha crítica no acto da Real Academia Galega. Xa se sabe que non hai peor xordo que o que non quere ouvir, mais este comportamento e estas declaracións son impropias dun gobernante. Por fortuna, onte vimos de novo que o pobo galego aínda ten capacidade para se indignar e para responder ás inxustizas. Existimos e resistimos!

5 comentários:

  1. ¡Qué mediocre el poema de Rivas! ¿Y acaso es juntar a los mismos de siempre en el Obradoiro suficiente para hablar del "pueblo gallego"? Oiga que somos millones, no cuatro upegallos

    ResponderExcluir
  2. Se cadra, simpática ou simpático anónimo, non son tan doadas as matemáticas en castelán cando parece que nin contar ben saben: "catro" ou "os de sempre" pode ser que fosemos onte no universo paralelo que teiman en manter con tal de non quereren tomar contacto cunha realidade que, esta si, demostra con teimosía que hai unha maioría social que quere o galego, mesmo moita que onte, por moi diversas razóns, non se mobilizou en Compostela. Sigan vostedes na hipnopia, se quixeren. Como se non volven dela NUNCA MÁIS. Cordiais cumprimentos!

    ResponderExcluir
  3. O galego uniu... outra vez ;)

    Sr. Callón, independentemente da manifestação de anteontem, é incrível tudo o que faz para defender o galego. Não sei onde encontra tanta energia; o que sei é que os resultados alcançados são lindos de ver. Parabéns! E parabéns também a todos os que trabalham consigo!

    Unha aperta dunha portuguesa residindo na Eslovenia!

    ResponderExcluir
  4. Sr.Callón,debo agradecerlle o incríbel esforzo que fai a prol da nosa lingua.Estiven como testemuña no Obradoiro do seu elocuente discurso e creame cando lle digo que espertou nos que estabamos alí un maior sentimento galeguista do que xa tíñamos.Con respeto á nova dese "pacto",creo que a lingua é un patrimonio cultural de todos os galegos e non se pode negociar con ela como se fose un produto comercial.Sigamos xuntos resistindo e berremos alto e forte:QUEREMOS GALEGO XA!!!!

    ResponderExcluir
  5. Fran, Cynthia e Alejandro: Moitas grazas e moita forza!

    Anónimo insultante: Non poderías, cando menos, dar o teu nome?

    ResponderExcluir