7 de jan de 2010

Camiño do 21 de xaneiro

A plataforma Queremos Galego está a realizar actos nas diferentes comarcas de Galiza para contestar o decreto contra o galego deste goberno do PP. Temos que ir movendo desde xa o paro xeral do 21 de xaneiro no ensino, pois non restan moitos días e é importante que a participación sexa masiva.

Nas redes sociais hai eventos creados de apoio. No tuenti, no cal participa sobre todo xente nova, 5.157 persoas amosaron xa que secundarán a folga, mentres outras 4.665 é probábel que tamén o fagan. Podes adherirte tamén aos eventos creados no facebook e convidar as túas amizades.

Se es estudante e queres colaborar para que o paro xeral do 21 de xaneiro sexa un éxito, podes dirixirte ao correo-e da Mocidade pola Normalización Lingüística, a sección xuvenil da Mesa: mocidade@amesanl.org.

[A fotografía é de algúns dos asistentes ao acto que fechou a caravana de coches na Barbanza en defensa do noso idioma e contra este decreto galegófobo.]

Um comentário:

  1. Carlos,deberías dicirlle a Fermín Bouza que tiña ö inimigo na casa,no seu blogue.Mauro Fernández.Artigo "ni lengua ni libertad" no "El País".A única nota discordante e "cordial" de todas as opinións cualificadas...

    ResponderExcluir