12 de out. de 2016

10 de out. de 2016

Galegocalantes e galegofalantes: reflexións e argumentos para a lingua


Estou no proceso de corrección de probas do libro Galegocalantes e galegofalantes, que sairá nun par de meses desde Xerais. O volume componse por un feixe de reflexións sobre a situación do noso idioma.

Igual que os meus outros títulos de tema sociolingüístico (En castellano no hay problema, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos) é unha obra de combate. De reflexión, con certeza. De argumentos, tamén. Mais, sobre todo, de activismo.

As fotos que aquí pendurei, de Xan G. Muras, corresponden á presentación en Santiago dunha das obras citadas: o manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Foi no 24 de xullo de 2011. Aí estamos, de esquerda a dereita da primeira imaxe: Manuel Bragado, Carlos Outeiro, Dalila Dopazo, servidor e Anxo Louzao.

Fagamos valer os nosos dereitos! Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!

9 de out. de 2016

Ligazóns ao desvío para un nove de outubro

7 de out. de 2016

Versos para a sexta feira: Fran Cortegoso traduce a Jean Genet

No seu corpo exhibe pesadas as cadeas do silencio.

Este desatado negro mariño do sal do teu mar.

A bailarina de xeo é o seu heroe do ar.

Falo, entre os dentes o ferro dourado das lanzas.




18 de set. de 2016

E se tratamos as eleccións ao Parlamento de Galiza como eleccións ao Parlamento de Galiza?

Velaquí o artigo que publiquei no Sermos Galiza na pasada segunda feira, horas antes do debate na TVG:
Galeguizar a política galega
Un xornal publicou na pasada fin de semana que a campaña das eleccións galegas estaba a ter "un marcado carácter nacional". A miña alegría durou un segundo. A nación de que falaban non era a mesma que cantamos no noso himno.

Ademais, como se nos desen o parte do tempo, os medios de comunicación anuncian unha chuva constante, mesmo torrencial, de paracaidistas. Sánchez e Rajoy. Colau e Iglesias. Cantó e Rivera. Cada un destes nomes, e moitos máis, cos seus séquitos. Aterran, dinnos o que temos de facer e collen rumbo.

Non se trata só de falar das nosas cousas, mais non estaría mal darlles prioridade cando menos desta vez, que diso vai esta campaña. E se vemos o mundo con óptica galega? E se tratamos as eleccións ao Parlamento de Galiza como eleccións ao Parlamento de Galiza?

Oxalá o debate desta noite axude un pouquiño a galeguizar a política galega.