11 de abr de 2012

"Si haces la prueba en gallego no te la corregimos"


Esta frase foi a que lle soltaron, hai escasos días, a unha moza que se presentaba ás probas para unha bolsa de traballo no Concello de Redondela.

É isto admisíbel?

Canto máis temos que aturar até conquistarmos a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades que merecemos as persoas que queremos vivir no noso idioma na nosa terra?

Sobre estas e outras cousas falarei hoxe ás 20 h. (con repetición ás 22 h.) en SantiagoTV. Sobre estas e outras cousas protestaremos nas rúas de Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio.

Pola lingua que nos une!

Paremos os ataques contra o galego!

Um comentário:

  1. Creo que semellante funcionario debe ser despedido. Primeiro por non comprir cos requisitos de todo funcionario galego, saber expresarse indistintamente en galego ou castelán. Segundo, porque esta a vivir dos impostos dos galegos. Unha tal persoa so con esas palabras non amosa en absoluto estar ao servizo dos cidadáns, e polo tanto, merece ser botado do seu posto con carácter retroactivo.Isabel

    ResponderExcluir