20 de abr de 2012

Cicatrices de ferro nas palabras

Cicatrices de ferro nas palabras é o título do libro que elaboramos Paulo Filgueiras Fachal e eu sobre a obra poética e o programa cultural de Valentín Paz-Andrade. Editarao Xerais e chegará axiña ás librarías, para contribuírmos á homenaxe nacional que se realizará á súa figura con motivo das Letras 2012.

Tamén baixo ese título (que collemos dun verso do Valentín), exporemos nas Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG e da CIG-Ensino algunhas das conclusións a que chegamos co noso estudo. Por se vos interesar, será mañá sábado ás 16 h na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago (Xoán XXIII, s/n).

Continuamos!

-----------------------------------------------------------

[Ampliación 26 de decembro de 2015:

Finalmente, o ensaio con ese título non saíu en 2012, senón a finais de 2015, e non en Xerais, senón en FigurandoRecuerdos Edicións. Tampouco é xa exactamente o mesmo libro, aínda que si o fose na xénese, pois tivo sucesivas ampliacións coa bibliografía que foi saíndo tamén grazas á dedicatoria do Día das Letras e outras publicacións máis recentes. En calquera caso, xa está na rúa para quen o quixer consultar.]

Um comentário:

  1. Este é outro proceso de manipulación: potenciar a mitomanía, o culto á personalidade, para que a xente se sinta cativa, non pense por si mesma e teña por modelos de virtudes e valores a quen se lle presentan como mitos, coidadosamente elixidos, of course.

    Os mitos en realidade son persoas, coas súas virtudes e defectos; con opinións coas que se poderá coincidir ou discrepar. En fin, que nunca fun de pertencer a clubes de fans.

    ResponderExcluir