22 de abr de 2012

Esta semana en Chantada, Pontevedra, Ferrol e Ourense

A miña axenda pública desta semana levarame a estes catro lugares que cito no título. Comezo na segunda feira (luns) cunha presentación na Casa da Cultura de Chantada, ás 18.30 h, do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, coa compaña de André Sánchez Labandeira, profesor do IES Lama das Quendas.

Na terza (martes) participarei na presentación en Pontevedra do proxecto Abertos ao Galego, a rede de empresas que apostan polo noso idioma. Será ás 21 h na sede do Colexio de Xestores Administrativos (rúa Blanco Porto) e co apoio do Concello.

Xa na sexta (venres) estarei en Ferrol nunha conferencia a que me convidaron as mozas e mozos de Galiza Nova, para que fale sobre os consellos contidos no libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Será ás 18 h na Casa Solidaria da cidade.

Por último, o sábado, ás 11 h, comezará a Asemblea Xeral da Mesa. A partir de agora, as reunións anuais de socias e socios serán en diferentes concellos de Galiza e non só en Santiago de Compostela, como fora até o momento. Neste caso, xuntarémonos no Auditorio Municipal de Ourense (rúa da Canle, 2).

Onde e cando nos vemos? ;)


2 comentários:

  1. Arre carallo que vas viaxado. Non diga ninguén que os profes da pública son uns escravos do traballo, que disque teñen que preparar as clases, preparar e corrixir exames, furmar as gardas, digo, facer gardas, falar cos pais, que quedan esgotados, etc.

    ResponderExcluir
  2. Estivo moi ben o acto do outro día en Pontevedra. Iremos o 17

    ResponderExcluir