27 de fev de 2012

A Mesa convoca o premio Abertos ao Galego

Desde A Mesa demos a coñecer hoxe a convocatoria do premio Abertos ao Galego. Aínda que é un galardón pensado para distinguir empresas comprometidas co noso idioma, como podedes ver nas bases todas e todos temos o convite para enviar propostas.

Abrámonos ao galego! Consigamos que tamén máis xente se abra ao idioma que nos une!

3 comentários:

  1. Dubido eu que haxa moitos empresarios que consideren un elemento de prestixio ter un certificado dunha asociación tan radical como a Mesa, que ninguén pon en dúbida que está controlada polos liña dura do bloque.

    Por outra banda chámame a atención esa dobre linguaxe da Mesa, como querendo dar a entender que en lugar de ser unha asociación privada, ten algún carácter público. Lembro aquela campaña cando anunciaron que "abrían expedientes"; e agora vexo que "certifican", como se un certificado fose un documento trivial e se poidese outorgar como premio.

    ResponderExcluir
  2. O anterior, para pensar que non vai ser importante, ben que gasta o seu tempo en comentar.

    Eu xa enviei a miña proposta.

    ResponderExcluir
  3. Aínda non te enteraches que che estou tomando o un pouco o pelo. Non home, o problema é que pensades que a xente é imbécil e para os que non militamos en nada, e queremos seguir así até o fin dos nosos días, ten o seu aquel botar unhas risas.

    Fai falla ser un pouco "cortito" para crer que alguén vai considerar auténtico eso de "eu xa enviei a miña proposta". Imaxinemos que o autor, anónimo das 7:09, é un político, militante, con carné, etc. ¿Alguén imaxina estar nestas mans, con ese nivelaso, nas de alguén que considera que a xente é, básicamente, imbécil? Non é que Feijoo sexa un crack, que na miña opinión non o é. O problema está no nivelaso da oposición que son para botarse a tremer e saír correndo.

    ResponderExcluir