23 de fev. de 2012

Señor alcalde, queremos galego!

Esta mañá estiven cun grupo de catro veciñas de Compostela nadas fóra de Galiza. Dúas proceden da Bretaña, unha da Arxentina e outra de Cataluña, mais as catro saben falar en galego, deféndeno e queren que o alcalde de Santiago tamén o utilice.

Aproveitamos a data de hoxe por ser tamén un 23 de febreiro cando, en 1936, Ánxel Casal fixo historia para o noso idioma: foi o primeiro alcalde contemporáneo que falou en galego nun acto institucional; ademais, comezou a usalo nada máis ser elixido para o cargo e nun momento en que a lingua de Galiza aínda non tiña ningún recoñecemento xurídico.

Oxalá non só Xerardo Conde Roa, senón todas as alcaldesas e alcaldes da Galiza de hoxe, tomen exemplo do compromiso ético e cívico de Ánxel Casal.

2 comentários:

  1. Deixade en paz ao pobre Conde Roa ¿non lle chamades Conde Roña XD? Que malos sodes, coñe. Non o coñezo de nada pero saquei del unha imaxe de que era un pouco golfo, que mola. Que a ver quen non pillou unha toña algunha vez, ou a quen non lle pon un/unha tí@ 10. En definitva, que cada quen, tamén un alcalde, fale na lingua que lle pete.

    Polo que atinxe a eso de que "Ánxel Casal fixo historia para o noso idioma: foi o primeiro alcalde contemporáneo que falou en galego nun acto institucional" jeje... A ver como cho digo sen ofender... Digamos que me parece unha afirmación que debe ter detras tal volume de información, que de non terse, o previsible é que sexa unha afirmación de ida de pinza. En calquera momento pode vir un pardillo e decirche, mira neno, no meu pobo inauguramos en 1920 un busto a tal mito da galeguidade, e o alcalde tamén dixo "unhas breves palabras en galego". Porque o certo é que Ánxel Casal pronunciou unhas breves palabras en galego ese día; non se di que no resto da sesión ou nas seguintes se expresara en galego.

    Teño a impresión que dos galeguistas daqueles tempos --que repetían unha e outra vez que non eran separatistas-- moi poucos falaban en galego en toda ocasión cando estaban en Galicia, coa escepción de Castelao, e Otero Pedrayo ao mellor. Disque o mais cómico era Suárez Picallo, do que facían chistes sobre os seus discursos, cando comezaba cun "Queridos connasionales" XD

    En realidade teño unha moi mala opinión deles no que a ética e democracia se refire. Aquí non había ambiente autonomista algún. Na Coruña cantaban polas rúas os rapaces de familias obreiras, poñéndolle música do tanto Quiero y obligo de Gardel (cito de memoria):

    El estatuto no lo queremos
    que se lo lleven para Petricol
    Que aquí en Coruña, sólo queremos
    chapurrear todos idioma español.

    Para xerar ese ambiente estatutista, como di D. Manuel Casás, prometían unhas "sustanciosas sinecuras" que ía proporcionar aos que se achegasen a eles, cargos, postos e enchufes na administración autonómica, e nin con esas...

    Tiveron que destruir a democracia electoral co Santo Pucherazo do 36. Despois viñeron outros que tamén consideraron que estaba aberta a veda neso de que o fin xustificaba os medios, e algúns como Casal sufrírono en carnes propias.

    ResponderExcluir
  2. o tango, que non tanto, era Tomo y obligo, que cantaba Carlos Gardel, que apaixoaba a aquella xuventude dos anos 30. Contárome que cando proxectaban películas de Gardel nos cines da Coruña sabíase cando comenzaba a película, pero non cando terminaba. Remataba Gardel de cantar un tango e a rapazada se levantaba entusiasmada e aplaudían con fervor. Entón, paraban a película, dábanlle marcha atrás á cinta, e volvían a proxectar as esceas nas que Gardel cantaba este ou aquel tango.

    Tomo y obligo: http://www.youtube.com/watch?v=dtkWVdVbv78

    ResponderExcluir