3 de fev. de 2012

Tres citas


1) Hoxe ás 20.30 h no salón azul do Liceo Betanzos contrastaremos estratexias para conseguir adiantos para o noso idioma. Tomaremos como partida o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

2) O día 10 ás 12 h A Mesa convocou unha concentración diante do Xulgado de Instrución Número 2 da Coruña (rúa Monforte, s/n), so o lema "Queremos xustiza para a nosa lingua".

3) O mesmo día 10 ás 20.30 h na Laracha presentarase Amigos e sodomitas na libraría Como unha novela.

Desde as ligazóns antes sinaladas poderedes acceder aos eventos que se crearon no facebook para cada un deses actos.

Continuamos! Abofé que continuamos!

Um comentário:

  1. 1) Que che leven ao Pirri ao lado do Liceo onde se degusta un dos mellores pulpos (os polvos para min son outra cousa) de Galicia. No monte da Espenuca, no alto está o mesón O Freixo onde en medio do monte tamén se degusta unha das mellores tortillas (de patatas) da nosa rexión. É un local de sota cabalo e rei con tortilla, troitas, raxo, ensalada e pouco mais.

    2) Que teñas sorte, pero estas concentracións lémbranme de xeito inevitable as que fan os espectadores de Sálvame cando unha folklórica se divorcia ou ten un accidente o seu home que ía cheo, posto ou perxudicado ao volante.

    3) Sodomitas, sodomitas... Soa como o salva sea la parte. Moito mellor maricón, pero de España of course; de feito teño visto chamarse a moitos gays, oye maricón, pasa esto ou o outro, e de seguro que a min mo chamaron un lote de veces con total normalidade, pero nunca escoitei eso de sodomita que ten unhas connotacións pexorativas do 15 http://www.youtube.com/watch?v=a4PAcjUOpF4

    ResponderExcluir