27 de fev de 2012

O web de Valentín Paz-Andrade corrixiuse

Hai un mes e medio criticabamos a manipulación do pensamento lingüístico de Valentín Paz-Andrade no web oficial que se lle dedicaría con motivo do Día das Letras 2012.

Todo o eco que recibiron estas queixas tivo o seu resultado, xa que na presentación que hoxe realizaron as institucións xa non figuraba o recadro terxiversador, senón outra cita, pertencente ao mesmo artigo:

Este extracto ten outros problemas diferentes do anterior: o libro de que se colle a cita non ten este título; ademais, é un volume colectivo e o título que figura non é o do seu artigo... E, sobre todo, que non se sintetizan nestas palabras collidas case ao chou o que é o núcleo do programa lingüístico-cultural de Valentín Paz-Andrade. Este tipo de erros son pouco presentábeis nun traballo conxunto da Academia Galega, do Consello da Cultura Galega e da Xunta; mais, cando menos, non nos encontramos aquí coa manipulación burda que nun inicio se realizaba.

Agora tócanos aproveitar a dedicatoria das Letras 2012 para divulgar todo o posíbel na sociedade que era o que dicía, que era o pensaba e como era que actuaba a respecto da nosa lingua Valentín Paz-Andrade. Para ese obxectivo agardo ofrecer axiña algúns materiais que poden ser de utilidade, para o coñecermos mellor, para reflexionarmos a un tempo sobre o presente e... para nos pórmos mans á obra da plena normalización.

Um comentário:

  1. Ostrás, pedrín, mais mitos de filólogos localistas. Imos apañaos. Hala, a tirar os cartos en mitificar e facer ver que os escritores e artistas están porriba de calquera outro mortal Igualiño-igualiño que unha fotógrafa nazi que non lembro agora, pero cuxas imaxes eran de señores e señoras perfecta, subidos nun cumio, que o espectado vía desde abaixo. A fotógrafa, malia ser nazi, facía boas foto i é coñecida en todo o mundo, caso que non é o de Paz Andrade ¿Canto nos van costar os fastos? Porque desto nunca se fala salvo que se aminoren as subvencións, que entón bótanse chispas.

    Por outra banda, salvo en Vigo tal vez, un galego medio non ten n.p.i. de quen é o tal Paz Andrade, ou sabe que é un escritor e lle chega pero non lle interesa nada. E mais nestes tempos nos que aparece reivindicado por organizacións de ideoloxia extremista, controladas polos da liña dura do BNG.

    ResponderExcluir