10 de jun de 2010

Unha consulta trampeada

Informes xurídicos de altísimo nivel din que esta consulta pode ser ilegal. Ademais, todas as asociacións e federacións de nais e pais (excepto a CONGAPA) rexeitan este cuestionario. Mais non é só iso.

É que o presidente da Xunta mente unha vez e outra con tal de atacar o galego. Que "liberdade de escolla dos pais" hai nunha pregunta fraudulenta, formulada como anexo e de tal forma que unha persoa responda que lle fala en castelán ao seu fillo ou á súa filla sen saber que así está a pedir que todo o ensino do seu neno, da súa nena e da súa clase sexa en castelán? Por que esta información non se dá? A que lle ten tanto medo Alberto Núñez Feijóo?

4 comentários:

  1. Carlos Cagallón, ahora que ya no está el bipartito nazi, como vas a subvencionar tus paridas, cacho ca-ga-llón?

    ResponderExcluir
  2. Paréceme gravísimo xa non as medidas en contra do galego (no propio formulario en castelán hai máis información ca no galego) senon o engano do señor Feijoo. Non é o mesmo a lingua materna que a lingua do ensino. Haberá moitos pais que queiran que os seus fillos sexan escolarizados en galego xa que eles non lle falan na casa nesa lingua. Esa é o único xeito de acadar o bilingüismo tan ansiado por algúns. Feijoo deixa de mentir e de quedar ben con todos.

    ResponderExcluir
  3. Que dicir sobre o primeiro comentario? Mantéñoo só porque representa demasiado ben algunhas actitudes preocupantes.

    Fabián: esa é unha idea que temos que lograr desvendar e transmitir socialmente. Este goberno non quere ningunha liberdade para elixir, senón todo un xogo de trampas e circunloquios para reducir aínda máis o galego. Trabalemos para que se saiba!

    ResponderExcluir
  4. en fin o primeiro comentario é pa alucinar!!!estou flipada ca xente que se adica a insultar gratuitamente!!non te preocupes carlos, se o fan é pq saben que eres un foco de presión; e eso non gusta!

    callón sempreee!!!!!!!!

    ResponderExcluir