20 de jun. de 2010

A Mesa lanza o certificado Abertos ao Galego


Hai moitos motivos polos que podemos escoller unha empresa, un comercio, un restaurante... Para unha parte da sociedade galega, entre os elementos que temos presentes na selección está se respectan ou non os nosos dereitos lingüísticos. Entendemos que apostar por quen aposta pola nosa cultura é unha forma de consumo responsábel.

Nesa liña, A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou hoxe un certificado destinado a todas aquelas entidades que queiran manifestar o seu apoio á lingua de Galiza no ámbito socioeconómico. Trátase de Abertos ao Galego.

Anímovos a que poñades a páxina web deste proxecto entre as vosas favoritas e que consultedes como vai crecendo desde as 62 empresas actuais até crearmos unha extensa rede que alicerce con máis forza os nosos dereitos lingüísticos presentes. E tamén o noso futuro.

Pola miña banda, a nivel individual, como consumidor e cliente, manifesto desde xa que lle darei prioridade ás entidades que conforman este proxecto. Apoiar a quen usa o galego e o dinamiza é apoiar a quen nos apoia.

Um comentário:

  1. Agardo que haxa auditorías periódicas para ver se realmente estas empresas se axustan e non é só de 'boquilla' e que os consumidores poidamos comunicar aquelas empresas que o posúen pero que non se axustan.
    Benvida esta iniciativa. Imos polo bo camiño.
    Saúdos!

    ResponderExcluir