15 de abr de 2010

Que plurilingüismo é ese?

Onte e antonte estivo en Bruxelas unha delegación da plataforma Queremos Galego, composta por Anxo Louzao, Bieito Lobeira e quen isto escribe.

Esta delegación mantivo encontros con altos representantes das institucións comunitarias e dos diferentes grupos do Parlamento europeo. Todos os interlocutores, sen excepción, sinalaron que o chamado "plurilingüismo" que di defender Alberto Núñez Feijóo nada ten a ver co "plurilingüismo" recoñecido ou proposto pola UE ou amparado polo Parlamento europeo.

Ben ao contrario, todos vían ben claro que co decretazo se van vulnerar dereitos fundamentais recoñecidos en tratados internacionais de obrigado cumprimento por parte do Estado español.

Responderá Núñez Feijóo algún día a isto?

Farao sen recorrer á mentira nin á demagoxia insultante?

Um comentário:

  1. Canto custa aplicar o decreto?, simplemente mudando os libros de matemáticas da ESO no programa de gratuidade de libros de texto.
    Os libros xa están comprados en galego cunha vixencia de 1 ou 2 cursos máis.
    Datos do problema:
    As matemáticas é unha materia obrigatoria nos 4 cursos de ESO.
    Hai uns 100 000 alumnos de ESO en Galicia.
    A cantos funcionarios hai que recortarlle o salario para pagar o custe económico?

    ResponderExcluir