29 de abr de 2010

Dúas boas noticias para os dereitos das e dos homosexuais

Para alén da polémica sobre as palabras de Evo Morales, nas que entrou moita xente con boa intención, levada pola deformación dos medios, estes días producíronse dúas moi boas noticias para os dereitos das e dos homosexuais no Estado español.

A primeira, que o Tribunal Supremo confirmase a inhabilitación por dez anos ao xuíz homófobo Fernando Ferrín Calamita. A xustiza considera probado que este maxistrado prevaricou ao atrasar de forma deliberada e maliciosa durante case dous anos a adopción dunha nena por un matrimonio lésbico; en concreto, que a filla biolóxica dunha das mulleres, concibida por inseminación artificial, fose filla adoptiva da outra. Que lle acontecería á pequena se durante este tempo lle pasase algo á nai biolóxica e a outra nai ficase sen dereitos por causa da homofobia deste xuíz? E que acontecerá cando dentro dunha década este señor volva pór a toga?

A outra boa noticia desta semana é esta publicidade da Caja Mediterráneo:

Oxalá se concrete a fusión, polo ben do noso desenvolvemento, e a caixa galega resultante faga algunha campaña publicitaria coma esta, polo ben tamén do noso desenvolvemento e da convivencia. Porque os homosexuais tamén existimos!

3 comentários:

  1. Ogallá sente precedente e outros bancos e caixan se unan a esta iniciativa.E, para sáudar aos blogueiros de Callón, dúas líneas do poeta a homenaxear no vindeiro 17 de maio:Uxío Novoneyra.Un exemplo da contemplación hiperestética levada ao límte. (¡O identificado que me sinto con elas... a min que na casa chámanme "autista"..ja!)
    Bicos mil.

    Vía voar as anduriñas (...)
    Levein os ollos pra serra
    i esquecinme da alba
    de min e delas
    que anque iban e viñan
    i anque ouvía non ouvía. (1974)

    ResponderExcluir
  2. HOMENAXE UXÍO NOVONEYRA NO COUREL
    HOMENAXE UXÍO NOVONEYRA NO COUREL
    DOMINGO 9 DE MAIO 2010
    PROGRAMA

    www.uxionovoneyra.com


    -Concentración na Ferrería de Seoane do Courel antes das 11 h., onde se estacionarán os autos.

    -11 h. Camiñada desde a Ferrería con destino a Parada (lugar natal de Uxío Novoneyra) en que se fará un percorrido de 3 quilómetros de encosta. Calculamos chegar sobre as 13 h. Durante esta camiñada faranse paradas para recitar poemas de Novoneyra que as persoas que o desexen poderán escoller os poemas preferidos de Novoneyra e recitalos, entre outras actuacións. Este itinerario farase a pé. Os autos ficarán na Ferrería, dado que Parada non ten capacidade para estacionar mais de dez coches que son dos veciños. Por tanto pedimos que se estimen as recomendacións que faga Protección Civil do Courel que estará na Ferrería para organizar os estacionamentos.

    -13 h. Comezo do acto de homenaxe, xunto a casa natal do poeta, que consistirá en evocar a Uxío Novoneyra e ao seu espazo natural que é o Courel. Os participantes que desexen falar neste acto deben manifestalo, con urxencia, a seguinte dirección:
    uxionovoneyra@gmail.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    co fin de distribuír os tempos en función das persoas que desexen evocar a persoa e a obra de Uxío Novoneyra, exclusivamente. Neste acto intervirán músicos e cantautores entre outras aportacións que faga o público neste aspecto. Para este acto central, reiteramos, debemos contar previamente cunha nómina de solicitantes para as palestras. Para o recital itinerante, desde a Ferrería até Parada, non é preciso previo aviso.

    -15 h. Rematará o acto de evocación e homenaxe cunha ofrenda floral diante da casa de Uxío Novoneyra que fará un grupo de escolares do Courel. A partir dese momento daremos por finalizado o acto.


    MOI IMPORTANTE

    -Dadas as condicións tan especiais do Courel en varias materias, unha delas son os dous acesos principais, un por Pedrafita do Cebreiro e outra por Quiroga. Moita atención polo estado das estradas e, sobre todo, para os que non coñecen o Courel. Na Ferrería deben estar atentos ás indicacións que nos dea Protección Civil en cada momento, tanto no estacionamento como no lugar de concentración que, como dixemos, a hora de partida será ás 11 h.

    -Dada a variación climatolóxica do Courel recomendamos que leven paraugas ou chovisqueiros, tamén pode estar un día de moita calor, como é típico nos altos cumes do Courel. Estas variacións teñen que terse moi en conta.

    -Tamén recomendamos que as persoas leven na súa mochila comida e bebida, dado que en Parada non hai bares nin posibilidade algunha de adquirir alimentos. Por outra banda, as infraestruturas hostaleiras do Courel son mínimas e están dispersadas por diversos núcleos de poboación. Para unha maior información entren en contacto coas páxinas web relacionadas coa hostalería e restauración de Folgoso do Courel.

    -Os que decidan comer de campo en Parada, despois do acto, Poderán facelo nos soutos que rodean a casa de Novoneyra, con fermosas paisaxes. Os que tomen esta decisión non deben acender lume, por tratarse dunha zona sumamente sensíbel aos incendios. Tamén deben recoller o lixo que xere cada persoa.

    Moitas Grazas

    AMIGOS DE UXÍO NOVONEYRA
    PAXINA WEB
    www.uxionovoneyra.com

    ResponderExcluir
  3. Parabéns. Aguardo que estas novas ajudem a ver os diferentes tipos de convívio e família dum jeito mais realista.

    Lembrache-me um estudo sobre as famílias homoparentais http://alfredo-reflexiones.blogspot.com/2010/03/familias-homoparentales.html

    ResponderExcluir