8 de abr de 2010

Esta noite debato en TeleVigo

Esta noite a partir das 22 h, estarei nun debate en directo en TeleVigo sobre o decretazo. Ademais da miña presenza como presidente da Mesa, estarán tamén Guillermo Meijón -deputado do PSOE-, Román Rodríguez - deputado do PP- e Gloria Lago -presidenta de Galicia Bilingüe-.

Sen dúbida, o contundente rexeitamento ao decretazo por parte do Consello Escolar de Galiza na súa sesión de onte estará presente no programa.

4 comentários:

  1. Pois espero que leves unha boa carga de paciencia... Ánimo!

    ResponderExcluir
  2. Ese debate debería hacerse en las cadenas nacionales y no en las locales, pero se esta hurtando a la sociedad en general. Así se vería claramente las posturas de cada organización. Y las cosas estarían claras, no como ahora, que no todos plantean sus pretensiones de manera clara sino tras cortinas de humo interesadas. Pero ya se difundirá en la web.

    ResponderExcluir
  3. -> Anónimo: E ti deberías meterte debaixo da terra coma unha toupa e non o fas... Éche o que hai!
    Ao Estado centralizado non lle interesa darlle bombo a certos asuntos máis ca para facelo de xeito partidista. Un debate destas características non se vai facer nunha cadea estatal, aínda que así o queirades. E na Telegaita xa se fixo e daba vergoña o presentador tan pouco neutral que asignaron.
    Ademais non sei que ten que vir decidir un de Murcia sobre a política lingüística de Galicia... Chámannos a nós para decidir a de Valencia?

    ResponderExcluir
  4. Houbo paciencia, Nitinho, si que a houbo.

    Anónimo: Que haxa debates nas televisións estatais, na nacional e nas locais e que haxa unha información veraz sobre a situación.

    José Manuel: É verdade que non hai interese en dar información real e diversa sobre o que acontece. Bo exemplo é que se alguén en Cataluña non encontra un folleto de sabe deus que en catalán pode mesmo abrir informativos a cuestión, mais se unha persoa a despiden por falar en galego non aparece como noticia por ningures. A balanza non está equilibrada, porque non se considera que exista o dereito real a poder desenvolver a vida en galego, catalán ou vasco.

    ResponderExcluir