7 de abr de 2009

Mírome ao espello...


Esta composición tan linda e tan chic é un galano do fotógrafo Paulo Filgueiras Fachal. Digo o segundo apelido porque hai outro Paulo Filgueiras, brasileiro, que lle fai a competencia nesa arte. A instantánea tomouse, se non me confundo, a comezos do outono pasado no funicular que fai o camiño cara ao Tibidabo.

Os versos de abaixo, coa letra do Paulo, son tirados do irreverente libro Sucios e desexados, de Antón Lopo (daquela, asinado como Antón R. López), polo cal temos ambos especial predilección e que pode ser unha boa e heterodoxa lectura para estes días de Semana Santa, se é que aínda non o tivestes nas vosas mans. Se o lestes ou o ides ler, xa diredes por aquí o que vos pareceu.

3 comentários:

  1. Por que che parece irreverente Sucios e desexados?

    Por que o consideras unha "heterodoxa" lectura?

    Se gostas desta fotografía, por que consideras que Pierre et Gilles son uns horteras?

    Que é o que entendes ti por "fotógrafo"?

    Fe de grallas: debería pór: mírome no photoshop, e véxome fermosa :)


    Bicos

    P. (O P. galego, non o brasileiro).

    ResponderExcluir
  2. Estás com um óptimo aspecto!:)
    Sempre igual!

    Abraço:)

    ResponderExcluir
  3. Pois eu ando con Fálame. Leo, e leo, e releo, xa sabes...
    A foto é difícil de mellorar, of course. Así como tan moderna :)
    Moitos bicos desde Tara

    ResponderExcluir