29 de abr de 2009

O galego, a nosa columna vertebral

Alberto Núñez Feijóo fixo todas as xenuflexións posíbeis onte e antonte en Madrid e prometeu redimir a Galiza do pecado orixinal de termos lingua propia. A medida máis grave que anunciou foi a derrogación de facto non do decreto 124/07, senón da protección xurídica do galego no ensino. Non é alarmismo nin catastrofismo: é o paso máis grave contra o galego en toda a etapa autonómica, que nos leva nunha viaxe no tempo a 30 anos atrás.

Temos máis razóns que nunca para nos mobilizarmos en defensa da nosa lingua. Movámonos! Móvete!

4 comentários:

  1. Se alguén quere saber ata que punto se póde ser sumiso, que escoite a entrevista do presidente na Cope.

    ResponderExcluir
  2. Non sei se serán mellores lemas, a min(igual por ser meus) parécenmo.


    É o noso, non o imposto.
    Patrimonio GALEGO, Patrimonio Universal.
    (Con outras variantes posíbeis, galega, nosa, imposta ou galeg@, nos@, impost@.)


    Galego Calidade!
    (E de fondo mil e unha verbas galegas que fagan referenza ao mellor do noso país, a aquilo que o seu disfrute sexa calidade de vida e as palabras máis fermosas do noso idioma, por exemplo: Ribeira Sacra, Albariño, Vagalume)


    O da "columna vertebral" está moi ben porque só temos unha, pero o d"o idioma que nos une" xa estou vendo aos gelegófobos co de "el castellano nos une con más gente" ou "nos une con todos los españoles".

    ivandgaliza@yahoo.com

    ResponderExcluir
  3. Grazas, Iván, polas túas propostas.

    A respecto da entrevista na COPE, concordo ao cento por cento. Ademais, que fai o presidente da Xunta dando conta aí e diante de quen o fai do que van ser as súas primeiras medidas? Dá unha tremenda imaxe de subordinación.

    ResponderExcluir
  4. Dende logo que o galego é a nosa columna vertebral e Feijoo ven a ser unha hernia de disco, ou como se soe dicir un "pinzamento" de vertebra.

    Grazas polo teu esforzo tan meritorio en prol dos dereitos do noso idioma, e parabéns polo éxito histórico e masivo acadado.
    Unha aperta doutro que tamén ama o galego.

    iglesiasbouza@hotmail.com

    ResponderExcluir